Festas de Cangas / O culto ao Cristo do Consolo
Oficios relixiosos do Cristo e inicio das festas profanas
No ano 1769 comenzase a render culto ao novo Cristo do Consolo na súa capela

No recheo do malecón (rua do Progreso) celebráronse as primeiras festas.
Xerardo Dasairas (*)
Ao contrario que noutras partes da península e de Europa, a diferenciación entre gremio e confraría faise difícil en Galicia pois ambos entes asociativos aparecen desde antigo como semellantes. Tras desta imbricación subxace, sen dúbida, o control temperán que a igrexa (arcebispados, bispados, cabildos, ordes monásticas...) exerceu sobre a riqueza que o mar xeraba: A venda de peixe nas terras do interior, as salinas e os procesos de conservación ou o suministro destes produtos para os establecementos monásticos nas épocas de vixilias e xexúns (Coresma) foron elementos importantes para que se dese esta peculiar característica da estrutura gremial galega do mar.
Coa única finalidade de “pescar para a igrexa”, común en todos os portos de Galicia a través do quiñón e do décimo do mar, chegáronse a outorgar permisos de marear en días festivos que nunha xornada de pesca daban daquela polo menos cen ducados. Tamén se promoveron iniciativas voluntarias de pesca polos compoñentes do gremio e estes armaron cercos específicos coa participación neles dun quiñon de rede cuxa rendabilidade, como acontecía en Cangas, recaía na confraría das Ánimas para os seus gastos e funcións.
Pero a maior aportación do décimo do mar proviña do Gremio de Mareantes baixo o padroado do Bon Xesús que se debeu artellar a comezos do século XVI con motivo da construción da igrexa do Porto de Cangas cuxo custe e mantemento recaeu en gran parte a conta dos beneficios da pesca dos cercos. Tempo despois o gremio aparece ligado á Confraría da Misericordia, xa baixo o padroado de San Xosé, que se encargaba de paliar as penurias dos mariñeiros, os accidentes, a vellez ou a morte no mar.

Cangas a comezos do século XX. / Arquivo do autor
Porén, non sería ata 1769 no que se lle comezase a render culto ao novo Cristo do Consolo na sua capela, establecéndose unha confraría que atendía as necesidades do seu culto e lle celebraba unha novena e funcións solemnes, establecendo o último domingo de agosto de cada ano como eixo central dos actos. En 1865 a Hermandad del Cristo tivo que refundarse, programando para os días da sua celebración unha novena que comezaba o luns anterior ao día do Cristo e se prolongaba ata o martes seguinte, sendo o venres e o sábado as chamadas vésperas solemnes e o domingo a misa solemnísima coa saída da procesión do Cristo polo serán. En 1875 esta Hermandad pasaba de novo por dificultades e foi o párroco José Martínez quen a recuperaría como unha asociación de confrades, pasando a denominarse do Cristo do Consolo.

Sermón do Cristo. | // / Arquivo do autor
As festas do 1889 estiveron amenizadas por un sexteto de gaitas e as monxas do colexio da Enseñanza de Vigo (ainda non estaban en Cangas) regalaríanlle á confraría un estandarte de veludo bordado en ouro. En 1896 ainda interviron dous gaiteiros pero no ano 1897 na procesión e nos concertos que amenizaban os chamados “paseos de moda”, xa intervirían as bandas do reximento Murcia e a do Porriño.
É moi posible que naquel ano 1875, ao introducirse o novenario ao Cristo, se instaurase polo Concello de Cangas, ainda con escasa participación na festa, o festivo do Luns do Cristo, coincidindo coa celebración relixiosa do octavario, oitavo e último día dos actos relixiosos. Debemos lembrar que a Corporación canguesa, como participante na erección da igrexa, adqueriu o padroado perpetuo da mesma coa obriga de asistencia representativa oficial nestas funcións relixiosas das festas.

José Torres Creo. / Arquivo do autor
Coro de José Torres Creo
Na Misa solemne do domingo concelebraban varios curas da zona, destacando a intervención dun orador de sona para o sermón e que neste ano lle correspondeu ao padre Sánchez Patiño da catedral de Santiago. Desde esta data e durante bastantes anos despois, participaría con certa asiduidade nesta función relixiosa, a Orquestra e Voces da Capela de Tui, coñecida tamén como Coro Capela do Mestre José Torres Creo, o seu creador e director. Foi este un coñecido e recoñecido director e músico, autor e compositor de moitas pezas para canto e piano, incluindo varias para orfeón ou coro e que adoitaba incorporar nos seus concertos a coñecidas voces líricas desta época que tamén actuaron na igrexa de Cangas. En 1904, únense en Comisión empresarios e comerciantes e traen as bandas Municipal de Vigo e a do Murcia, incorporando un grupo de cabezudos dando inicio as celebracións profanas. Na excolexiata congregaríase moita xente para escoitar a prédica habitual, intervindo como orador o maxistral de Tui, Florencio Cerviño. En 1904 a Agrupación do Comercio cangués coa colaboración dos patróns, a recadación veciñal (2.575 pts.) e a aportación do Concello, permitirían a contratación de gaiteiros, bandas de música, fogos, globos, xogos e competicións...

Monseñor Antonio Cerviño. / Arquivo do autor
Este ano, excepcionalmente, a orquestra de Torres Creo foi sustituida na parroquial polo orfeón local “La Aurora” dirixido por Castor González Pérez e as bandas de música do Porriño e a militar do reximento vigués Murcia participarían na procesión, darían alboradas e amenizarían os paseos de moda con concertos na praza da Constitución polas tardes. Aproveitando os percorridos e concertos musicais das bandas polas ruas e prazas de Cangas, os membros da Irmandade do Cristo adoitaban recadar cartos para contribuir ao sufraxio dos custes dos elementos relixiosos da festa como os coros, oradores, celebrantes...
Homilía con Antonio Cerviño
A homilía da misa solemne, a cargo dun escollido orador, gozaba desde antigo de gran atención por parte dos asistentes, trascendendo o seu contido os ámbitos da igrexa. A oratoria na colexial correría neste ano 1904 a cargo do cónego penitenciario da catedral de Tui, Antonio Cerviño González e boa proba da sua trascendencia foi a valoración da mesma que recolleu a prensa da época: La oración sagrada que pronunció el penitenciario tudense fué modelo acabado en su género. Lenguaje castizo, expresión adecuada, imágenes bellísimas, fondo doctrinal y dogmático, voz agradable, ademanes escogidos, unción verdaderamente religiosa, todo lo compendió en su elocuentísimo discurso... Este cónego Cerviño exerceu de xornalista e publicou traballos sobre temas históricos galegos e algúns sermóns e poemas, exercendo de activista nos movementos católico-agrarios desde 1918.
O alumado das ruas principais e sobre todo da praza da Constitución corría por conta dos veciños que colocaban farois nos balcóns. A chegada do gas acetileno e a instalación dun báculo con luces na praza, xa permitiría a prolongación dos folións nocturnos de nove a doce da noite ainda que os faroliños á veneciana e as iluminacións de establecementos e balcóns cos candís e candeas seguía vixente.
A fundación en 1906 da Liga del Comercio, presidida por Indalecio García, vai darlle maior pulo ás festas coa recadación organizada, enchendo de música, luz , baile e postos de feira o recheo do Progreso e a logo praza da Constitución. As intervencións da orquestra e coro de Torres Creo na igrexa e da banda do reximento Murcia serían habituais nas festas, facéndose imprescindible a banda militar polos seus numerosos compoñentes, a sua aportación de cornetas e tambores á procesión e que pola sua orixe castrense debía sair máis barata. Por todo o antedito, temos que dicir que no ano 1911, estando esta banda contratada para as festas, non puido asistir pois foille ordenado desprazarse a Pontevedra, optando os organizadores das festas por trasladalas aos primeiros días de setembro para que puidese vir a Cangas.

Recadación 1913. / Arquivo do autor
Non cabe dúbida de que a celebración destas primeiras festas propiciaría a creación no ano seguinte na localidade, da sociedade e banda de música “La Lira”, dirixida por Cecilio de la Gándara. Pouco tempo despois irían aparecendo outras bandas locais que tamén participarían nesta celebración do Cristo pero non tocarían no interior da igrexa desde 1905 pola expresa prohibición do arcebispo a que nas igrexas se interpretase música que non fose sacra. Desde estas datas, as festas de Cangas alcanzarían grande sona, enchendo os cafés e as casas de comidas, que esgotaban as existencias, e os vapores, con horarios discrecionais, traían xentes de Vigo e Bouzas que podían retornar ás doce e media da noite, ao remate das verbenas.
Maxistral da catedral de Lugo
Se nos chama a atención a asiduidade do mestre Torres Creo e da banda do Murcia ás festas do Cristo, tamén debemos incluir nesta lista ao deán de Ourense, Ramón Guerra Cortés, en 1906 ou o maxistral da catedral de Lugo, César Abellás Vázquez, natural do Carballiño. Este, acudiu por primeira vez ás celebracións relixiosas das festas de 1911 como orador principal e a sua homilia tamén deixaría memoria nos asistentes á misa solemne deste ano. Desde esta data, sabemos que César Abellás acudiría a Cangas como veraneante ata que no ano 1934 repetiría como orador, destacando o seu comedido discurso integrador, exento de fanatismos relixiosos e conscente e respectuoso cos principios que emanaban deste periodo republicano e democrático. Cabe apuntar que Abellás foi colaborador en diversos xornais e un excelente orador cuxos discursos foron recopilados após a sua morte en 1943. Tamén foi excelente poeta e as suas composicións, a maioría en galego, conformaron un libro que se publicou en 1944 co título de Poesías religiosas. Co gallo da sua intervención nas festas do 1934 e a demanda da prensa, deixaría unha colaboración nun improvisado poema composto o día anterior:
Es de Cangas por fuerza enamorado
quien las bellezas conoció de Cangas:
Su ria encantadora,
su limpia y sin rival extensa playa,
sus vegas, sus pinares, sus viñedos,
sus campos de esmeralda,
la brillante y feliz policromia,
su cielo y su mar y sus montañas.
Y el progreso incesante de la villa,
sus jardines, sus plazas,
sus paseos, sus muelles, sus industrias,
los ecos de sirenas y campanas
que bajan de la torre de la iglesia
y suben de los barcos y las fábricas,
para formar el himno con que un pueblo
dice que es pueblo que en verdad avanza,
porque es pueblo que atiende a sus destinos
los del cuerpo y los del alma;
porque es pueblo integral en su progreso
porque es pueblo que ora y que trabaja ...
Y porque es pueblo que trabaja y ora
tiene dias que reza y que descansa.
Dias de grandes fiestas
en que al su Cristo del Consuelo ensalza
con función religiosa que es envidia
de toda la comarca.
Y aún es florón de la provincia entera
y aún en toda Galicia tiene fama.
¡Oh la fiesta del Cristo del Consuelo
en la vieja, grandiosa colegiata ...!
¡ Y el paso por las calles
de la Efigie adorada!
¡Como expresa este pueblo
que es un pueblo que cree, espera y ama ...!
¿ Pues que diremos de sus otras fiestas
de sus fiestas profanas...?
Que son demostración de como un pueblo
se divierte y solaza
con números variados y selectos
de espléndidos programas,
atrayendo gentíos forasteros
que llenan sus paseos y sus plazas,
sus muelles y avenidas,
sus ruas y sus playas,
¡Para volver en años sucesivos...!
Porque es un hecho cierto que no falla:
quien conoció de Cangas las bellezas
(máxime con las galas
de sus fiestas del Cristo)
¡Enamorado queda ya de Cangas!
(*) Mestre e historiador de Cangas
Suscríbete para seguir leyendo
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- Aparece abandonado un coche en A Fraga, en Moaña, con los airbags disparados y con vertido de aceite
- El gobierno cangués programa un cambio estructural en la cúpula de la Policía Local
- Adega denuncia la tala en la isla de Ons de plantas protegidas y en peligro de extinción durante los trabajos de la Xunta
- La Mancomunidad de O Morrazo refuerza la inspección de los composteros domésticos con 157 visitas a hogares