Entrevista | Laura Ogando Concelleira de Benestar e Igualdad no bipartito de Bueu
“Se a nosa voz queda diluída pero se cumpren os acordos, benvido sexa”
“Non podemos condenar á nosa xuventude ó exilio por falta de vivendas”, asegura

A concelleira Laura Ogando, co mural de José Solla na Praza Massó de fondo. / FDV
Regresou oito anos despois á política municipal, que foron 11 para exercer de novo responsabilidades de goberno. Laura Ogando é a cabeza visible da formación ACB, que concurriu ás últimas eleccións dentro das listas do BNG. Un año despois de asumir a cargo de Benestar e Igualdade, fai balance e apunta ás liñas de actuación de cara ao futuro.
– ACB formaba parte da lista electoral do BNG nas eleccións locais do ano 2023, mais manteñen un perfil e voz propia. Cal é o balance que fan deste primeiro ano de goberno bipartito?.
– Sen lugar a dúbida, o balance é positivo. Aínda que tamén é certo que hai moita marxe de mellora. Con respecto as áreas nas que temos responsabilidade de xestión neste ano de goberno afianzamos servizos esenciais para a mellora da calidade de vida dos e das veciñas como o Servizo de Atención Temperá ou ás melloras no “Concilia” de verán con ampliación de horarios, prazas e comedor… todo isto en contacto coas diferentes entidades sociais coas que traballamos á hora de facer políticas de prevención en diversas problemáticas sen esquecernos dunha parte importante da sociedade, os e as adolescentes que van ser o noso futuro próximo con programas específicos para eles/as como o de “Tecendo Redes” que ve polo seu benestar emocional. Tamén puxemos en marcha a elaboración do primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello de Bueu, sen deixar atrás talleres e cursos formativos para a cidadanía xeral e para os e as de máis idade. Con todo, temos pendente seguir mellorando en servizos e ampliar os que xa temos dotando o departamento do necesario para poder levalo a cabo.
– Baixo o seu punto de vista, que foi o que cambiou hai agora un ano para pasar dunhas negociación rotas entre BNG e PSOE a ser capaces de artellar un goberno bipartito?
– Entendemos que hai varias claves fundamentais. En primeiro lugar, cambiaron os e as interlocutoras, isto é importante porque sempre existen fobias e resentimentos. Tamén cremos que cambiou a percepción dos partidos implicados, que se decataron que a actitude de confrontación só beneficiaba á dereita. Despois tamén están os intereses ou acordos supramunicipais dos dous partidos implicados que obrigaban ó entendemento.
– A posición de ACB non deixa de ser un tanto peculiar. Síntense cómodos neste modelo de goberno ou cren que a voz de ACB pode quedar diluída?
– O acordo co BNG fíxose en base a unha serie de puntos de mínimos que ó noso entender son moi necesarios para este pobo, o de menos é o noso protagonismo como grupo. Se a nosa voz queda diluída e os acordos se cumpren, benvido sexa. No caso contrario, deberemos asumir o fracaso e replantexarnos o futuro.
"Temos que ser capaces de mellorar o mantemento das infraestruturas"
– En que aspectos da xestión deste primeiro ano de goberno cren que se debe profundizar e mellorar?
– Como xa dixemos, hai moita marxe de mellora. Deberemos ser máis áxiles na resolución dos expedientes, non é de recibo que pasen meses ou anos para tramitar un proxecto. Iso nos preocupa. É certo que estamos limitados polos medios pero de algunha maneira debemos de solucionalo. Outra cousa a mellorar é o mantemento das infraestruturas, temos que ser capaces de mantelas en condicións óptimas. Nese senso vai a nosa proposta de recuperación da xestión de algúns servizos, como o da auga, coa creación dunha empresa pública pensamos que axudará a súa mellora.
– Cales deben ser as prioridades de xestión para o resto do mandato?
– Para nós, as prioridades, son as que plasmamos no acordo de integración na lista. Por exemplo, a vivenda; non podemos condenar a nosa xuventude ó exilio por falta de vivendas e o sobrecuste das mesmas. De unha vez por todas temos que ver as medidas que podemos adoptar dende o Concello para dotarnos de vivendas sociais, fomento do cooperativismo e por límites e máis control ós pisos vacacionais.
Non a unha reunificación
– Hai algún asunto neste primeiro ano do goberno que xerase algún tipo de desacordo ou desencontro no seno do executivo?
– Discrepancias sempre xorden. Mais existe por parte de tódalas partes unha firme vontade de entendemento e ate o da agora sempre solucionamos ás mesmas co diálogo.
– A decisión de presentarse conxuntamente BNG e ACB adoptada nas eleccións de 2023, pode ser o primeiro paso para unha reunificación completa de cara ao futuro ou aínda existen diferencias e desconfianzas entre as dúas forzas?
–Non. En principio nin no BNG nin en ningún outro. Non se trata de que existan desconfianzas. Simplemente estamos máis cómodos coa independencia que da o non estar suxeitos a intereses partidarios.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía
- Desde Moaña con rumbo a La Martinica
- Entre tazas de vino y castañas
- Cangas bate récords de centolla con 1.407 kilos en la primera subasta de la campaña
- La primera procesión llena San Martiño
- Comienzan las obras de Eroski en Ximeu y los vecinos exigen seguridad
- El temporal hunde O Con, suspende el barco a Vigo y arranca ramas que destrozan un taxi
- Nueva vida con cinco apartamentos turísticos para O Estaleiro de Domaio
