Xosé manuel budiño | Gaiteiro
“O disco é un homenaxe aos meus inicios en Moaña”
O artista moañés presenta hoxe no Intercéltico o seu novo disco “Branca Vela”

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño. / Fdv
Marta Hernández
Todo o mundo acaba regresando a onde foi feliz, e en moitos casos este lugar é o fogar. É o caso de Xosé Manuel Budiño, gaiteiro que regresa unha vez máis á terra que o viu nacer e crecer, Moaña. Ademais, a vila ten algúns lugares que foron a inspiración para as cancións do primeiro disco en solitario de Budiño, “Paralaia”, publicado en 1997. Este músico e compositor busca combinar a música tradicional galega cos sonidos máis contemporáneos. Coa súa música chegou a actuar en escenarios fóra das nosas fronteiras, como Shangai (China), Copenhague (Dinamarca), Líbano, Jordania, Arxentina, México ou Estados Unidos. Neste caso, regresa a vila de Moaña co gallo da celebración deste nova edición do Festival Intercéltico do Morrazo, no que participará hoxe á noite (23:30 horas), xunto ao grupo galego Xarabal, do que o moañés formou parte no seu momento, e a escocesa Brighde Chaimbeul & Cyril O’Donoghue, para presentar o seu oitavo disco “Branca Vela”, proyecto no que conta coa colaboración de músicos da escea galega como Gaudi Galego, De Vacas ou Diego Cabaleiro.
–Como se sinte ao volver a actuar no seu fogar, en Moaña?
–Teño moitas ganas de volver a casa, en especial neste corenta aniversario dun festival con tantos anos de historia como é o Intercéltico. É un festival que ten moito significado para min xa que eu fun membro desa escola de gaitas de Semente Nova no primeiro ano do festival en Moaña. Logo fun aparecendo en diferentes edicións ao longo de todos estes anos, a medida que eu iba presentando discos en solitario e facendo a miñas colaboracións. Este ano é moi importante, coa presentación do disco novo, “Branca Vela” na casa, rodeado da xente que me quere.
–Que recordos garda desa primeira etapa musical coa banda “Semente Nova”? Algunha anécdota en especial?
–Teño moitas anécdotas, porque foron os meus primeiros pasos tocando como gaiteiro. Teño que dar grazas a Xavier Blanco, que foi o noso mestre e tamén foi quen fixo que a música popular e a cultura de Moaña estivera onde está agora. Xavier foi un gran referente coa súa obra e co que sigue a facer, coas súas clases e os seus museos, adicando parte do seu tempo a restaurar instrumentos case olvidados. Entón, teño moi bos recordos desas primeiras etapas, cando facíamos a primeira edición do festival. E ahí foi cando descubrín que eu quería xa adicarme a esta profesión.
- Nas redes sociais do festival puidemos ver que, xunto a Anxo Lorenzo e Iván Costa, participou na actuación de Xavier Blanco deste pasado xoves 25, como xurdiu esta xuntanza no escenario do Intercéltico?
- Anxo, Iván e eu somos alumnos de Xavier Blanco, o noso profesor de gaita. Nesa xuntanza, tocamos un tema del. Foi un momento foi emocionante, ver a todo o pobo disfrutando de os tres alumnos de Xavier., que é un grande da música, e creo que tíñamos que estar alí os tres nesa festa con Xavier e fomos acompañalo nesa festa e a pasalo ben con todo o público.
–Coa súa actuación no Festival Intercéltico presentará o seu último traballo “Branca Vela”, publicado no ano 2023, cal diría que foi a súa inspiración para este último proxecto?
–Neste disco, de algunha forma, fago moitas referencias a eses primeiros pasos da miña carreira como artista, no que a música tradicional era a parte forte, aínda que despois fun evolucionando, adicando toda a vida a compoñer a miña propia música pero cos pés sempre na terra. No disco, volvo a esa primeira etapa como músico, aquí en Moaña, cando tocábamos para os grupos de baile e facíamos que a xente bailase. O leitmotiv deste disco é esa volta coas claves, cos ritmos e coas melodías da música tradicional que tocaba cando tiña 14-15 anos. Por iso é tan importante volver tocar aquí en Moaña, porque o disco é un homenaxe aos meus inicios aquí.

Xosé Manuel Budiño, ao fondo no escenario do Intercéltico o xoves con Xavier Blanco, Anxo Lorenzo e o irlandés Eoghan Neff. / Diego Seixo
–Ademais das cancións deste novo disco, engadiu ao repertorio deste concert algún tema adicado a vila moañesa como “Paralaia”, do seu primeiro disco?
–Sí que haberá algunha canción dese primeiro disco para recordar a miña infancia e as primeiras cancións que compuse xa que a maioría delas están dedicadas á xente de aquí. Unha moi especial é “A fonte da pedra”, que é unha muiñeira que compuxen para ese primeiro disco fai referencia a unha fonte que hai na parte de O Cruceiro en Moaña. Está adicada a miña nai porque ese era o lugar onde ela iba lavar a roupa.
–Neste traballo existen varios temas onde colaborou con outros artistas, de cal destas colaboracións ten un recordo máis especial?
–Evidentemente, con todas gardo un recordo especial, xa que iba a ser, en principio, un disco sen colaboracións, só eu cos instrumentos que toco, e acabou sendo un proxecto coral, con máis de cincuenta personas participando nel, como Leilía, Gaudi Galego, De Vacas ou Tania Caamaño. Hai unha aparición moi especial nunha canción que compuxen para nenos e nenas pequenos chamado “Un dragón de pé”, que fixemos coas alumnas de dúas clases da asociación Xacarandaina, con nenas de entre 10-12 anos. Este foi un agasallo para o disco, para a música tradicional e para as novas xeracións que están nese punto de aprender a voar na música tradicional.
– Antes de vostede , está previsto que toque a banda “Xarabal”, agrupación da que formou parte no seu momento, como se sinte volver a actuar no mesmo escenario que eles?
–Non é a primeira que imos coincidir, porque estiven fai uns anos na Universidade Popular de Vigo, que foi a miña segunda casa que me acolleu despois da banda de “Semente nova”, e teño moi boas amizades, moi bos recordos de todas esas tardes que pasamos ensaiando co mestre Antón Corral. Tocar con Xarabal será un gustazo e volver a atoparme cunha das bandas na que toquei e que pasei grandes veráns.
–Considera que o público moañés disfruta coa música tradicional?
– Eu creo que si, hai unhas referencias moi importantes da música tradicional en todo o pobo de Moaña dende hai moitísimos anos. Non só na música tradicional, senón coas corais, cos grupos de rock e de jazz, e mesmo co teatro. Sito Parada foi un gran referente no teatro en Moaña e, de feito, durante moitos anos, no festival fixéronse moitos espectáculos de teatro Moaña é un sitio especial onde voltar e poder estar de novo cos amigos.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Detenido un conocido estafador venezolano por un intento de fraude a una empresa de Moaña
- Cangas comienza a instalar vallas en las carreteras en el entorno de las playas para impedir aparcar
- Cangas podrá negar los servicios públicos de agua y saneamiento a los campamentos turísticos
- Dos personas resultan ilesas del aparatoso vuelco de un coche en Moaña
- Llegan al concello de Cangas los carteles para delimitar los núcleos urbanos en el rural que permitirá actuar a la Policía en materia de tráfico
- Moaña presenta sus Festas do Carmen: Tres noches de orquestas con Djs y el Onda Festival para la juventud
- Una escuela de DJs para O Morrazo