Entrevista | Aurora Prieto Gago Concelleira de EU no tripartito de Cangas

“Non hai cor entre este goberno e o anterior; aquí hai diálogo e consenso”

“Estamos a traballar para sacar adiante os orzamentos, se non o conseguimos hai que tomar a mellor decisión para o Concello”

Aurora Prieto na Biblioteca de Cangas

Aurora Prieto na Biblioteca de Cangas / FDV

Aurora Prieto é unha das supervivintes do goberno anterior de Cangas, aínda que foise cinco minutos antes de que a botaran, como diría o xornalista José María García. Marchou espantada coa experiencia de compartir goberno con Victoria Portas e Mariano Abalo e o fixo con dignidade. Foi sorpresa para algúns, pero marcou unha forma de facer política, porque demostrou que non tiña apego ao cargo.

Agora, desde o novo goberno tripartito Aurora Prieto síntese máis cómoda. E se algo aprendeu foi a facer política en galego. Que as veces non se sabe se sobe ou baixa as escalerras. Non cotiza no IBEX do goberno porque prefire adicarse por completo a súa concellería de Cultura, seguindo tamén pasos do que foi o seu compañeiro de militancia moitos anos, o falecido alcalde Xosé Manuel Pazos. Pero metras sube ou baixa as escaleiras é capaz de deixar clavados en elas a outros.         

–Cantas veces perdeu a paciencia neste mandato?

–Perder a paciencia nunca. A estas alturas da miña vida aprendín a darlle a cada cousa a importancia que se merece.

–Que lle fai perder a paciencia na política canguesa?

–Manter unha conversa na que unha das partes non quere chegar a ningún tipo de entendemento.

–Vostede que estivo nos dous, gobernos ,en que se diferencia este tripartito do anterior?

–Non hai cor. Desde o minuto un neste goberno tomáronse as decisións con diálogo e consenso. Evidentemente temos posturas diferentes en moitos temas pero sempre as debatemos e tentamos achegar posturas.

–E como leva iso de depender da persoa que co seu comportamento político fíxolle tomar a decisión de abandonar o goberno no mandato pasado?

–A política é unha vocación e así a sinto eu. Estou convencida de que todos os concelleiros da corporación queren que o concello avance. Evidentemente cada partido e seguramente cada concelleiro terá o seu punto de vista pero todos queremos ver este pobo mellor. Por tanto, que Cangas mellore non depende de Victoria Portas nin sequera de min, depende de todos.

–Unha moción de confianza molestaríalle, sería a solución para Cangas, a considera necesaria?

–Agora mesmo aprobar os orzamentos é a nosa principal prioridade pola situación económica tan delicada que ten o Concello. Dende o goberno se está a traballar moito e moi duro para sacalos adiante. Se non o conseguimos hai que tomar a mellor decisión para o Concello.

–Como negocia o de non poder pagar facturas das Festas do Cristo?

–Pois mal. Moi mal. Temos unha deuda cos nosos provedores. Por iso insisto que agora mesmo aprobar os orzamentos é a nosa principal prioridade.

–Dígame a verdade, amagou algunha vez neste ano de mandato con deixar o goberno?

–Recoñezo que hai días moi complicados pero nunca tiven motivos para iso. Teño un deber co pobo de Cangas.

"Non teño ningún pulso con Mariano Abalo; no forma parte da corporación municipal de Cangas"

–O pulso con Mariano Abalo acabó o é so unha tregua de guerra?

–Non considero que sexa ningún pulso. Mariano Abalo non forma parte desta corporación.

–De que se sinte máis orgullosa de esta etapa política?

–Nesta nova etapa síntome moi ben. A experiencia faime afrontar os problemas desde outra perspectiva. Sinto unha conexión estupenda cos cidadáns, coas diferentes entidades culturais e sobre todo cos traballadores e traballadoras do Concello. Asegúrovos que hai moito traballo que non se ve. Sinto que estamos todos facendo un gran equipo, síntome moi arroupada e moi afortunada.

–Cál é o seu obxetivo prioritario na súa concellería?

–O acceso universal á cultura é esencial para a dignidade dun pobo. Por eso é prioritario para min e para o goberno ter un orzamento ó antes posible.

–Hai que preguntarlle por Sumar, por Yolanda Díaz e a súa renuncia, por ese paso adiante que quere dar Izquierda Unida, que reclama máis protagonismo. Como ve vostede todo isto desde o seu cargo de Esquerda Unida en Cangas?

–Levo máis de 35 anos militando en Esquerda Unida e aquí seguirei. Miña prioridade é seguir traballando no goberno de Cangas

–Xa remato. Esa sensación de caos que se transmite desde a oposición e máis cousa do PP que de Alternativa dos Vecinos o é a realidade?

–Eu son das que opina que unha oposición esixente é esencial en democracia. Acepto todas as críticas veñan de onde veñan sempre que sexan construtivas.

Suscríbete para seguir leyendo