Centos de persoas festexan en Coiro a tradición ao redor do muíño de Fausto
A cantante Came Pením será a encargada de ler hoxe o pregón ás 13.00 horas
O público ateigou onte o recinto da festa co serán infantil e coa actuación de Gabi Reboredo
D. García
Houbo que agardar unha semana máis do previsto por mor da meteoroloxía, pero esa agarda valeu a pena. Centos de persoas acudiron onte ao entorno do muíño de Fausto, ao pé do río Bouzós, na parroquia canguesa de Coiro para desfrutar ao redor da tradición. Unha festa que continuará hoxe co día grande, no que a cantante Carme Penim será a encargada de ler o pregón desta XXXIII Festa do Muíño de Fausto, que organizan Tromentelo e os comuneiros de Coiro.
O aprazamento por culpa da chuvia obrigou a mudar algunhas das actuacións previstas debido a axenda dos artistas. Así, onte non foi posible a presenza de Davide Salvado e Fransy González e o seu lugar ocupouno Gabi Reboredo, que foi integrante de bandas como Ethno Trío, De Cor de Lousa, Pink Roe e na actualidade forma parte de proxectos musicais como Paraíso Canto, Lideira e A Torna. Antes celebrouse un serán infantil con Lembranzas da Ría, Peis d’hos, Pais de San Roque e Tromentelo.
O programa para hoxe ábrese ás 10.00 h cunha andaina polos montes de Coiro, con saída desde o propio muíño. Ás 12.45 h a Banda de Gaitas Tromentelo entrará no recinto como introducción ao pregón de Carme Pením, que será ás 13.00 horas. Ás 14.00 horas haberá xantar popular, romaría e foliada con música tradicional.
Pola tarde, ás 17.30 horas, estará Sé Rial co contacontos “O jato lambón” e o peche cultural será a partir das 19.30 h co grupo silvaRedonda.
- Huida temeraria en Moaña: un conductor circula por dirección prohibida a más de 110 km/h para evitar un control e intenta sacar de la carretera a la Policía Local
- Un mercado artesanal y de proximidad en Cangas donde la buena compra está asegurada
- Los topógrafos gallegos se citan en Aldán para ver 'más allá de las olas
- El IES María Soliño acude con 11 alumnos al acto de homenaje a los mejores expedientes de Galicia de acceso a la Universidad
- Vecinos y Protección Civil de Moaña reclaman ayuda para rescatar un gato de la chimenea de humos de un garaje
- Exalumnos de la escuela unitaria de Seixo, en Darbo, mantienen viva la tradición de reunirse en una comida
- A Rúa, un colegio de cine
- Las mejores notas de la PAU en O Morrazo: «Eran más duras las pruebas del instituto»
