O futuro da regueifa galega
O colexio Eduardo Pondal vence o certame comarcal de poesía improvisada

Varios dos estudantes, onte, amosando o seu talento no Auditorio de Cangas. | S.A. / Fran G. Sas
“Antes na presentación / eu fixen un leixaprén / Hai xente que non o fai / Non vou xulgar a ninguén”. Esta é a letra da regueifa que un alumno do colexio Eduardo Pondal que, aludindo ao recurso poético característico da poesía galego-portuguesa, fixo que o xurado considerase a este centro como o gañador dunha nova edición do Certame de Poesía Improvisada, que xuntou onte a decenas de alumnos de 2º de ESO de colexios como o propio Eduardo Pondal, o Compañía de María, o Sagrada Familia de Aldán, o instituto Monte Carrasco de Cangas ou os IES As Barxas e A Paralaia de Moaña.
Ao longo das primeiras semanas do curso en todos os centros houbo obradoiros de escrita, recitado e improvisación das tradicionais regueifas. Os mellores de cada centro son os que onte participaron na final comarcal, celebrada no Auditorio cangués. A actividade contou coa participación dos recoñecidos regueifeiros Pinto d’Herbón e Luís O Caruncho, que fixeron de mestres de cerimonias onte e tamén formaron parte do xurado xunto coa técnida de Normalización Lingüística, Paula Soto, a música tradicional Sara Malvido e a concelleira de Moaña Dolores Chapela.

Os seus compañeiros, entre o público asistente. | / SANTOS ÁLVAREZ
O colexio do Pondal levou un roscón que o acredita como gañador e os 16 finalistas levaron cadansúa napolitana.
A actividade busca difundir entre os máis novos a cultura das regueifas, tan semellantes ás populares batallas de galos do rap. Ademais, preténdese que os estudantes melloren á súa soltura á hora de falar e crear arte na lingua galega.
O nivel entre os finalistas foi alto. Dende o IES A Paralaia, por exemplo, unha das súas finalistas cantou a seguinte estrofa: “Nós imos no Paralaia / traballar a integración / porque é moi importante / para ter educación”.
- Las excavaciones arqueológicas descubren la puerta de acceso a la torre medieval de Meira
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- El Concello ya había multado por ruidos a la discoteca que actúa como ‘after hours’
- Identifican al presunto autor de un robo en un comercio de Cangas, que se llevó material por valor de 1.500 euros
- «Afouteza», un nuevo himno para el Celta desde O Morrazo
- Un motorista herido tras colisionar con un coche en el centro de Cangas y salir despedido
- La Guardia Civil investiga una serie de robos en viviendas de Cela y Bueu