Cultura convoca unha nova edición dos Premios Johan Carballeira
A data límite para presentar os traballos é o 31 de xaneiro

A entrega dos Premios Johan Carballeira deste ano. / GONZALO NUÑEZ
REDACCIÓN
A Concellería de Cultura de Bueu vén de convocar unha nova edición dos Premios Johan Carballeira de poesía e xornalismo, cada un deles dotado cun premio económico de 1.500 euros. No caso do certame poético inclúese tamén a publicación do poemario por parte de Edicións Xerais.
O prazo para a presentación de traballos estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2024. As persoas interesadas poden achegar as súas propostas en formato papel ou dixital, tal como establecen as bases que acaban de ser publicadas na web do Concello de Bueu (concellodebueu.gal). Os traballos teñen que estar redactados en lingua galega.
Estes premios chegan a súa vixésimo sétima edición no caso do certame de poesía e á vixésimo primeira no de xornalismo. A convocatoria destes galardóns é unha forma de homenaxear ao que fora alcalde de Bueu, poeta e xornalista José Gómez de la Cueva, máis coñecido polo seu pseudónimo literario de Johan Carballeira.
Estes premios están entre os máis prestixiosos que se convocan en Galicia. Na edición deste ano o gañador no eido da poesía foi Manuel López Rodríguez, cun poemario titulado “831-Urb”, e no xornalístico Héctor Pena coa reportaxe “Historia inacabada do deporte galego”.
- Propuestas en donde más bate el mar en Bueu
- El cuento de una abuela de Cangas a su nieto
- Moaña queda con 19 policías tras la emotiva jubilación del agente Gómez
- A algunos había que triplicarles el recibo de la basura
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- Padres del Monte Carrasco afean a la UVigo por invitar solo a alumnas a 'Elas Fan CienTec
- Nuevo puesto de vigilancia de playa estilo invernal
- Costas tramita la ocupación de DPMT para la humanización del vial da Praia