Cangas ten aberta a inscrición para participar nas actividades de “Enredos de verán”

REDACCIÓN

O Concello de Cangas ten aberta ata o día 9 de xuño a inscrición para participar no programa Enredos de Verán 2023, con campamento náuticos en Cangas e Aldán, que se desenvolverá durante oito semanas na época estival, do 3 de xullo ao 25 de agosto. As semanas de actividade son indivisibles e terán un prezo de 6€ euros/día; os horarios van de 9:00 a 14:00 horas e os lugares de celebración serán os centros escolares. Poden participar nenas e nenos nacidos entre os anos 2011 e 2019 e que teñan pasado por un curso de Educación Infantil). As inscricións deben formalizarse no rexistro de entrada do Concello cumprimentando o formulario, cuestionarios de saúde e de necesidades específicas (se hai discapacidade maior ao 33%) e xustificante de pagamento das taxas.