Folclore, corais e a proxección do filme “Matria” na semana das letras en Moaña

A sesión de cinema, este martes, dará comezo a toda a programación

Os edís Aldán Santamarina e Carlos Juncal, co cartaz.   | FDV

Os edís Aldán Santamarina e Carlos Juncal, co cartaz. | FDV / Fran G. Sas

O Concello de Moaña e os colectivos culturais da vila programan una semana enteira de actividades co gallo do Día das Letras Galegas. Esta martes 16 o prato forte será a proxección do filme “Matria”, de Álvaro Gago. Será ao aire libre nos Xardíns do Concello ás 22.30 horas. O acceso é libre ata completar o aforo.

O mércores 17 o protagonismo será para Domaio, co tradicional festival das letras que organiza Charaviscas. No centro cultural Rosalía de Castro, dende ás 19.00 horas, actuarán os grupos de pandereteiras, de baile e de teatro de Charaviscas. A obra que se porá en escena é “Desconectadas”, dirixida por María Salgueiro.

O xoves 18 ás 20.00 horas a biógrafa de Francisco Fernández del Riego, Malores Villanueva, explicará a figura do autor homenaxeado este ano no salón de plenos.

O sábado 20, ás 19.00 horas, será o festival folclórico no palco da música coas actuacións de Gaiteiros de Moaña, Cantareiras Arco da Vella, Charaviscas, Solaina, Breogán, Salgharitas e Meiramar-Axóuxeres.

No centro cultural de Quintela, o domingo 21 ás 20.00 horas, pechará a semana un festival coral co Coro Samertolaméu, Lembranzas Moañesas, Masa Coral Moañesa, Orfeón Moaña, Ondas da Ría e Crescendo.

Suscríbete para seguir leyendo