Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Bueu reivindica a Johan Carballeira e a necesidade de manter sempre viva a memoria histórica

Unha ofrenda sirve para lembrar ao que fora alcalde da vila, fusilado xunto a tres veciños na madrugada do 16 ao 17 de abril de 1937

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Bueu

A Asociación Amigos de Johan Carballeira celebrou onte a súa tradicional ofrenda diante do monumento a Johan Carballeira e ao resto das vítimas da represión franquista. Unha homenaxe que coincide co 86 cabodano do fusilamento do que fora alcalde de Bueu, xornalista e escritor, que foi executado xunto a outros tres veciños da vila na madrugada do 16 ao 17 de abril de 1937. A directiva da asociación que leva o seu nome defendeu a necesidade de “manter a viva a memoria, máis aínda nestes tempos, e non debe ser cousa dun día, senón de todos os días do ano”, dicía o seu presidente, Manuel Mosteiro García.

O momento da ofrenda floral, no monumento en Bueu.   | // S.ÁLVAREZ

O momento da ofrenda floral, no monumento en Bueu. | // S.ÁLVAREZ / d.garcía

Este ano o acto tivo lugar ao mediodía e contou coa presenza do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, que leu algúns dos seus poemas. Inicialmente estaba prevista a asistencia da presidenta da Asociación de Memoria Histórica de Marín, Enriqueta Molas, que finalmente non puido acudir e no seu lugar interviu Xulio Pardellas.

Nesta ocasión os encargados de facer a ofrenda no monolito situado ao pé da praia da Banda do Río foron a exconcelleira Teresa Magdaleno e un dos familiares de José Ferradás Pastoriza, que morreu no campo de concentración nazi de Mauthausen-Gusen. Despois foron o resto dos asistentes os que se achegaron ao monumento para depositar caraveis na memoria de Johan Carballeira e do resto de vítimas. Entre os presentes había varios representantes do goberno local, como o alcalde, Félix Juncal; e os concelleiros Xosé Leal, Alberto Moital e Ricardo Verde.

Durante este acto de homenaxe non faltou a música, con interpretacións ao violín de Lía Vilas. O remate viu da man do himno galego, que foi interpretado a capela polo veciño Seso Portela.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents