O único batán do Morrazo, no río da Fraga

No ano 1876 constrúese na ribeira deste río moañés, que conta con varios muíños, a única máquina deste tipo para traballar tecidos en toda a comarca

Confluencia do río Maceira co río da Fraga, en Moaña.   | MANUEL UXÍO

Confluencia do río Maceira co río da Fraga, en Moaña. | MANUEL UXÍO / MANUEL UXÍO GARCÍA BARREIRO*

Manuel Uxío García Barreiro*

Na data do 11 de setembro de 2022, o prezado profesor, residente en Cangas, D. José Moreira Pumar escribiu un artigo baixo o seguinte título: Año 1876 – El batán de Moaña. Tendo en conta o grande interese deste descubrimento e por atoparse na zona alta da ruta do “Sendeiro do río da Fraga”, imos reproducir de xeito literal os dous primeiros parágrafos:

El batán es una máquina de madera movida por la fuerza del agua, igual que los molinos harineros. Consiste en una rueda colocada verticalmente que gira sobre un eje con gruesos mazos que golpean repetidas veces el lino o la lana al objeto de desengrasarla y a los paños, recién hechos, tupirlos y fortalecerlos.

La ubicación en Moaña de esta singular máquina, debe considerarse de sorprendente pues no tenemos conocimiento, hasta ahora, de la existencia de otras máquinas en el Morrazo, de ahí que su conocimiento despierte interés.

Batán aínda en funcionamento en Castrodouro, Alfoz (Lugo).   | // VILLAVERDE

Batán aínda en funcionamento en Castrodouro, Alfoz (Lugo). | VILLAVERDE / MANUEL UXÍO GARCÍA BARREIRO*

Refírese de seguido o profesor que, con obxecto de por en funcionamento unha máquina ou batán, en xullo de 1876 D. Juan Rodríguez Román, Pedro Durán e Manuel García Martínez formaron sociedade industrial da que o primeiro foi o socio capitalista e os outros dous, labradores moañeses; un deles, dono do terreo por onde descorre o río da Fraga, nada máis mesturarse co seu afluente, o río Maceira e, o terceiro socio era titular dunha caseta onde instalaron o batán.

Co obxecto de atopar dito lugar, na compaña de Gerardo Gayo, procedeuse a falar con veciños maiores de A Fraga antes de visitar o terreo onde se xuntan as dúas correntes de auga e ir andando por un antigo camiño de carro, empedrado que facilitaba o acceso ao pisón.

Casa das Señoritas no centro histórico de Moaña.   | // MANUEL UXÍO

Casa das Señoritas no centro histórico de Moaña. | MANUEL UXÍO / MANUEL UXÍO GARCÍA BARREIRO*

No que atinxe á localización do emprendedor encargado de financiar as obras da súa construción; chegamos á conclusión de que D. Juan Rodríguez Román nacera en Santa Cristina de Lavadores nunha casa veciña á do Sr. do Rosal, D. José Saavedra de Yebra y Romay. Tendo en conta que D. José vivía entre o pazo do Rosal e a casa de Santa Cristina; ademais de desprazarse de vez en cando á outra vivenda que posuía O Rosal en Vilafranca do Bierzo, decidiu nomealo como administrador de todo o seu elevado patrimonio, despois de que rematase a carreira de mestre.

Na súa condición de viúvo, D. José Saavedra tivo un fillo natural chamado Gregorio Benito, cunha moza de Santa Cristina de Lavadores, de nome, Tareixa Román a quen pagou os estudos eclesiásticos e máis tarde promoveuno para párroco de Moaña.

Camiño empedrado de carros que comunicaba co batán e coa zona do Beque.   | // MANUEL UXÍO

Camiño empedrado de carros que comunicaba co batán e coa zona do Beque. | MANUEL UXÍO / MANUEL UXÍO GARCÍA BARREIRO*

D. Gregorio Benito Saavedra Román, mandou construír fronte á reitoral unha casa grande, estilo “palacete”, rematada en 1866, onde viviu cunha das súas criadas ata a súa morte en 1874. A criada continuou na vivenda algún tempo máis, pois, a herdara en usufruto ata que, D. Juan, irmán por parte de nai do finado cura puido tomar posesión dela.

D. Juan, continuou como administrador en vida do seguinte Sr. do Rosal, D. José Saavedra Costas quen, no intre de facer testamento para que seu irmán Manuel, herdase dito patrimonio, deixou escrita a seguinte cláusula:

…encargándole muy particularmente, que si a mi fallecimiento se hallase en la administración de la Casa del Rosal Dn. Juan Rodríguez ó su esposa mereciéndome mi mayor confianza, de ninguna manera se les exija cuenta de nada, lejos de eso, se pase por lo que ellos digan, que así es mi expresa voluntad…

Nesa casa senlleira, morreu D. Juan Rodríguez o 31 de agosto do 1881, tres anos antes que a súa viúva, Dª. Agustina Pombo Berberide, natural de Vilafranca do Bierzo. Nos anos 20 do pasado século, tamén finaron nesa mesma vivenda, tres irmáns solteiras, fillas de dito matrimonio: Indalecia, Elisa e Dolores. Por tal motivo, na actualidade é coñecida como “Casa das Señoritas”, situada no pequeno lugar de “Outeiro da Igrexa”, engadido poucos anos atrás ao do Cruceiro, no centro histórico de Moaña por onde descorre a mal denominada “Ruta de San Martiño”.

Polo citado camiño empedrado pasa o moi concorrido “Sendeiro do río da Fraga”, sen que, ata o de agora, ningunha persoa, que se saiba, coñeza que nun lugar tan fermoso, emprendedores residentes en Moaña instalaran o único batán de todo O Morrazo, segundo describiu o profesor Moreira Pumar.

*Historiador local e Cronista Oficial de Moaña.

Suscríbete para seguir leyendo