Entrevista | Iago Comedeiro "Kome" Integrante de Skarnivals

“Voltamos coas pilas cargadas e cheos de enerxía”

O grupo inicia no Aturuxo a xira do seu novo disco con todas as entradas esgotadas

Skarnivals comenzan hoxe no Aturuxo a xira de presentación do seu novo disco, "Latexos".

Skarnivals comenzan hoxe no Aturuxo a xira de presentación do seu novo disco, "Latexos". / Estudio Prolight

Os Skarnivals comezan hoxe a xira de presentación do seu novo disco, “Latexos”, publicado hai apenas unha semana. A banda, con base Bueu, arranca cun “sold out” [todo esgotado] na sala Aturuxo. Un concerto ao que seguirán datas nas salas Filomatic (A Coruña, 11 de febreiro), Auriense (Ourense, 25 de marzo) e Moon (Santiago de Compostela, 20 de maio).

–Como senta voltar aos escenarios cun cheo absoluto na súa casa, en Bueu?

–Nervios hai, pero deses nervios bos que aparecen despois de tanto tempo. A verdade é que xa de por sí voltabamos coas pilas cargadas e ben cheos de enerxía, pero sentir ese calor da xente, esas ganas que nos están a transmitir… Ao final danlle un punto especial.

–Supoño que esta nova xira somentes podía arrancar no Aturuxo.

–Por suposto! O Aturuxo para nos é un sitio moi especial. Un sitio a onde íamos de rapaces, unha das primeiras salas onde tocamos... A nosa casa. Xa é tradición comezar todas as xiras alí e esperemos que por moitos anos máis.

–O novo disco está composto por nove cancións baixo o título de “Latexos”. Que preocupacións e temas latexan nestas novas cancións de Skarnivals?

–A nós sempre nos gustou facer temas un pouco variopintos. Sempre cunha carga reivindicativa, pero non só de cara a rebeldía senón tamén de poñer en valor a nosa cultura, a nosa lingua, as nosas raíces ou dar visibilidade a temas que para nos son importantes. Neste sentido “Latexos” segue a estela dos anteriores.

–Falan do comezo dunha nova etapa. Que cambios houbo neste tempo?

–Estes anos foron anos de moitos cambios en xeral. Non so a nivel social senón nas propias vidas dos compoñentes. Tras este tempo de parón e traballo no disco decidimos reorganizar un pouco todo e saír con enerxías renovadas. Novo disco, o primeiro con produtor [Javier Abreu], nova organización, novos materiais… Non tanto un novo comezo como sí un punto e seguido.

–“Latexos” é o primeiro disco desde “Movimiento irracional”, de 2016. Un tempo moi longo. Como lles afectou a pandemia da COVID 19?

–No noso caso colleunos de pleno. A nosa intención era ter arrancado antes, pero a pandemia fíxonos frear todos os proxectos en marcha e aínda que seguimos a traballar no disco, as distancias neses momentos fixeron inviable poder levalo a termo ata agora.

–Que poden esperar as persoas que este sábado se acheguen ao Aturuxo para asistir a este primeiro concerto da nova xira?

–Pois un concerto cargado de enerxía e festa, nunha noite que para nós, sen dúbida vai ser moi especial.

Suscríbete para seguir leyendo