Premios con perspectiva de xénero

Raquel Álvarez (Bueu), e Emma Juncal (Moaña), entre as galardoadas nos “Sofía Novoa”

Os premios foron entregados onte pola noite na sede de Deputación de Pontevedra.   | // FDV

Os premios foron entregados onte pola noite na sede de Deputación de Pontevedra. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

As mozas Raquel Álvarez, de Bueu, e Emma Juncal, de Moaña, están entre as seis galardoadas cos premios “Sofía Novoa”, que promoven a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo para reivindicar a importancia de introducir a perspectiva de xénero na investigación. A bueuesa foi distinguida (1.000 euros) na modalidade de Traballos Fin de Grao por “Proxectos e álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en educación infantil”, unha intervención baseada na simbiose destes instrumentos e xéneros como metodoloxía idónea para abordar as cuestións de xénero e promover a igualdade en 5º de Educación Infantil. Mentres, a moañesa recibiu un accésit (600 euros) por “Análise dos estereotipos de xénero no alumnado de Educación Infantil enmarcado nas ciencias experimentais”, un estudo centrado en coñecer os estereotipos de xénero presentes no 2º ciclo de Educación Infantil.

Os premios aos traballos Fin de Grao e Fin de Máster foron entregados onte pola noite durante un acto na sede da Deputación presidido por Carmela Silva e conducido pola actriz e contadora Cris Collazo (caracterizada como Sofía Novoa, da que fixo unha particularísima semblanza) e no que non faltou a música, disciplina na que precisamente salientou Novoa Ortiz, a cargo da pianista Laura Zapatero Barreiro.

A Deputación reconoce e visibiliza a figura histórica de Sofía Novoa Ortiz, unha muller silenciada e esquecida nos libros, pedagoga cunha gran cultura e que loitou para que as mulleres ocupasen espazos públicos. Os premios Sofía Novoa, con sete edicións ás súas costas, xa teñen premiado a 36 persoas e valorado 132 traballos presentados. Buscan acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes.