Suscríbete Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

CRISIS DE GOBIERNO EN CANGAS Mariano Abalo Costas Primeiro tenente de alcalde de Cangas e portavoz de ACE

“Aurora Prieto demostrou unha gran deslealdade ao goberno, que nos doeu moito”

“Claro que ACE nos respaldou, sería absurdo que o fixera a quen nos acusou de non defender actuacións para mellorar Cangas”

Mariano Abalo, onte en Cangas. GONZALO NUÑEZ

Mariano Abalo ten tres voltas. É un mariñeiro da política e non se farta de ameazar con que vén a dereita para chamar á unidade dunha esquerda que en Cangas está destripada. Defende o seu goberno, a xestión da crise e á alcaldesa Victoria Portas, para sorpresa de moitos dos seus seguidores. Carga contra a dimisionaria Aurora Prieto e defende ao edil de goberno Adrián Pena.

– Como evalúa a dimisión da súa xa excompañeira de goberno, Aurora Prieto?

–Non é grato perder persoas que aportan traballo nun equipo de goberno, pero dadas as circunstancias entendo que pode resultar positivo para favorecer que o goberno municipal teña un ritmo e unha coherencia de traballo moito máis eficaz e decidida.

–Considera que é algo premeditado para que EU se presente en solitario as próximas eleccións municipais?

–Sen dúbida algunha. Se compañeiros de Esquerda Unida como Pepe Chimé ou Antonio Sangabriel apostaron e loitaron pola unidade da esquerda agora pasa o contrario. Unha vez que Esquerda Unida non ten a Alcaldía xa non só non lle interesa a unidade senón que aposta en firme por favorecer a volta de Sotelo, non importándolle reventar ao goberno, dividir o voto e aliarse con forzas que xiran á dereita. Lamentablemente Esquerda Unida xa actuou dunha forma similar no Porriño provocando a perda da Alcaldía do PSOE para entregarlla ao PP.

A verdade, cree que se pode gobernar Cangas con dúas persoas? Xa sei que dirá que tamén está Adrián Pena, pero ten abandonadas as súas delegacións e só vai aos plenos e xuntas de goberno.

–Estamos demostrando que si, a pesar de todos os atrancos e boicots da oposición. ACE, coa súa alcaldesa ao fronte, rebaixou a débeda de máis de 15 millóns de euros a catro; sacou ao Concello do Plan de Axuste que o deixaba con pouco marxe de manobra; xestionou unha subvención de casi 3 millóns de euros para a renovación do alumeado exterior sacando a Cangas da penumbra e do despilfarro económico; foi quen de sacar adiante os Plans Concellos dos anos 2021 e 2022, con numerosas obras en marcha ou en proceso de adxudicacións, sen esquecer o importante incremento nas axudas por emerxencia social. En realidade, comparado con outros gobernos de maioría, considero que a nosa xestión é intachable. Os que agora veñen reclamando tanto a este goberno en minoría xa quixeran ter a mesma capacidade de traballo. En relación con Adrián Pena, aclarar que agora mesmo está incorporado ao traballo local a través da xunta de goberno. Sen a súa participación sería moi difícil sacar adiante os acordos de goberno.

–Como se llegou a todo isto?

–Esta pregunta é importante. Non é unha cuestión de diferenzas persoais. Ten moito máis calado, de fondo hai unha diferenza no xeito de entender a vida pública. O que está en xogo é que a dereita, as forzas da corrupción e os que queren vivir a conta das migallas que lle deixa comer o sistema non soportan e van a morte contra as persoas que teñen un pensamento e unha acción política decente e de esquerdas. Coa súa estratexia están provocando que a dereita volva gobernar Cangas. Por iso non podemos ceder nin dar un paso atrás, pois sería volver aos tempos do enchufismo e a corrupción.

–Victoria Portas mediu ben o cese dos edís socialistas en 2021?

–Foi unha decisión difícil pero coherente. Se ACE no seu programa levaba unha aposta firme pola defensa do medio ambiente, non podía mirar para outro lado nin diante da desfeita da duna nin tampouco das denuncias en defensa do medio ambiente. Aínda así convén deixar claro que só se cesou aos dous concelleiros involucrados naqueles feitos. O PSOE, como partido, puido posicionarse en defensa do noso medio ambiente pero en cambio decidiu abandonar o goberno e encubrir o atentado ambiental. Recordar tamén que os que agora queren pasar por amigos do PSOE foron os primeiros en pedir ceses e dimisións.

–Cando ocurriu o polémico wasap de la alcaldesa chamando incapaz a Aurora Prieto, vostede dixo que o ían tratar no seo de ACE. Foi así? Subscribe a súas verbas?

–Isto resulta incluso ridículo e unha simple anédocta porque a relación ata onde interesou, mantívose. A discrepancia xurde cando temos coñecemento de que esta concelleira do “goberno” nos acusa, á alcaldesa e a min, de non aportarlle cartos a Turismo. Ela era coñecedora das conversas cos grupos para aprobar os orzamentos e de que os votos da oposición tumbaran as contas para 2022. Demostrou unha profunda deslealdade ao goberno que nos molestou moito. ACE naturalmente que subscribe o apoio á alcaldesa e ao concelleiro de Facenda, pois do contrario caeriamos no absurdo de apoiar a quén nos acusou de non defender actuacións para mellorar as condicións económicas do noso pobo.

- Por que non condenou o wasaps contra unha compañeira?

-Para ser aínda máis claro dicir que ese wasap nunca existiu. A verdade é que se enviou un correo electrónico aos compoñentes da Mesa Sectorial de Turismo para deixar totalmente claro que o goberno si contemplou nos orzamentos de 2023 o apoio ao sector do comercio e turismo desmontando e desmentindo a grave acusación de Aurora Prieto. No contido poñíase en cuestión as motivacións de Aurora Prieto para trasladar aos colectivos unha versión sesgada da realidade.

“Quero deixar moi claro o meu apoio a Victoria Portas”

–Non cree que é un erro para futuras alianzas tratar de meter ao PSOE no saco da dereita?

–O PSOE métese solo nese saco votando co PP a petición de dimisión da alcaldesa. Para que? Para que goberne Sotelo?... Unha barbaridade. O PSOE debe saber, e o sabe, que ou se recompón a esquerda ou só se vai beneficiar a dereita poñendo en risco un goberno municipal de esquerdas co risco tamén de que o PP recupere o goberno da Deputación. Este é un importante problema que aínda se pode atallar senón prevalecen escuros intereses.

– Xa está confirmado que ACES presentará a Victoria Portas como candidata a Alcaldía de Cangas?

–Será a asemblea da Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) quen elixa á persoa candidata á Alcaldía cando chegue o momento. Se ben quero deixar moi claro o total apoio a Victoria Portas tanto como alcaldesa como candidata se así o decide ela.

–Moitos pensan que ésta podería ser unha oportunidade para vostede de encabezar unha lista, verse alcalde e retirarse da política no cargo. Pénsao así?

–Para min a única preocupación é que a esquerda, e se é a esquerda nacionalista mellor, siga gobernando en Cangas. Debemos ter moi claro que o importante non é quen lidere senón o proxecto e o programa. Tamén quero ser moi claro dicindo que é preocupante que neste momento se lle estea dando prioridade ao partidismo e usar a política como trampolín de ambicións persoais e non como un servizo público. Pois non foi lóxico que a oposición tumbase un investimento de máis de 3 millóns de euros, nin tampouco aqueles (EU) que xa non teñen a Alcaldía nos estivesen boicoteando dende dentro. Por iso mesmo debe ser esencial unha xestión onde prevaleza o interés público.

–Dígame a verdade, ACE vai a ir en solitario sin EU y sen Podemos nas eleccións?

–A Alternativa Canguesa de Esquerdas vái estar permanentemente aberta a unha unidade de esquerdas consecuente pero sen oportunismo e sen incoherencias, pois non se pode escribir unha cousa e logo facer outra.

–Vostede é consciente que nas pasadas eleccións a esquerda tivo máis votos que nunca e, sen embargo, están con 3 concelleiros no goberno. Que pasa na esquerda para non ser capaz de manterse unida? Xa non só é o exemplo de Cangas, senón o de Podemos e Sumar a nivel de España.

–Resulta evidente que sen a unidade da esquerda ábreselle a porta á dereita pero cando en Cangas constituimos ACE e cando en Galicia axudamos a crear Alternativa Galega de Esquerdas tiñamos claro cal era o camiño a seguir. Tristemente ambicións persoais de quen só aspiraban a unha poltrona frustraron ese camiño. En consecuencia, onte e hoxe a Fronte Popular, canguesa, galega e ibérica, sería o camiño a seguir.

Compartir el artículo

stats