Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os Ocaña, unha saga de fotógrafos

A Asociación Cultural A Cepa prepara a edición dun libro sobre esta coñecida familia vencellada a fotografía

Eduardo Ocaña Larrín co seu sobriño Ramón en Hendaia.   | // Arquivo A Cepa

Eduardo Ocaña Larrín co seu sobriño Ramón en Hendaia. | // Arquivo A Cepa / Fernando Cuñarro*

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Fernando Cuñarro*

Cangas

O patriarca da familia Juan Manuel Ocaña Martinez nace en Madrid en 1845. Casa coa tamén madrileña Francisca Larrín. Teñen oito fillos: Manuela, Hermenegildo, Eduardo, Fernando, Ignacio, Ramón, Manuel e Andrés que foron nacendo onde ían establecendo os seus estudos fotográficos, nas localidades de Madrid, Bilbao, Logroño, Palencia, Soria, Valladolid, León, Barcelona, Irún e Vigo. Traballa tamén en Bayonne (Francia) e participa na Exposición Universal de París de 1867.

A familia Ocaña Larrín instálase en Vigo en 1887, abrindo un estudio fotográfico co nome de Ocaña e Hijos no número 32 da rúa do Príncipe.

Unha foto familiar en Vigo, datada en 1910.   | // ARQUIVO A CEPA

Unha foto familiar en Vigo, datada en 1910. | // ARQUIVO A CEPA / Fernando Cuñarro*

Todo o traballo facíano no estudio: cargar as placas de cristal no cuarto escuro, revelalas e secalas. Facer as probas de papel, lavalas, fixalas e secalas. Era a prehistoria da técnica fotográfica. Despois viñeron os papeis bromuro, por contacto á luz artificial e as ampliadoras á luz do día. Máis tarde as ampliacións de luz artificial, con arco voltaico ou con lámpadas de petróleo.

O patriarca da familia, Juan Manuel Ocaña Martínez.  | // ARQ. A CEPA

O patriarca da familia, Juan Manuel Ocaña Martínez. | // Arquivo A Cepa / Fernando Cuñarro*

En Pontevedra abriu un local no número 28 da praza de San Román durante un mes segundo consta nun anuncio publicado no Diario de Pontevedra o 20 de xaneiro de 1908. Daquela os retratos costaban un ou dous reais e tres tarxetas americanas valían tres pesetas.

Retrato de Manuel Ocaña Larrín.   | // ARQUIVO A CEPA

Retrato de Manuel Ocaña Larrín. | // Arquivo A Cepa / Fernando Cuñarro*

Andando o tempo todos os fillos e algúns dos seus descendentes dedicáronse profesionalmente á fotografía. Aséntanse temporalmente en varias localidades galegas: Santiago, Ourense, Padrón, Ferrol, Tui, Cangas, Baiona, Pontevedra, Marín, desprazándose a traballar dunhas cidades a outras.

Unha imaxe de Fernando Ocaña Larrín.   | // ARQUIVO A CEPA

Unha imaxe de Fernando Ocaña Larrín. | // Arquivo A Cepa / Fernando Cuñarro*

A idea do pai era que os seus estudios fotográficos que abriran os seus fillos pilotaran arredor do apelido Ocaña. Asinan os traballos fotográficos cos nomes comerciais de Fotografía Artística Juan M. Ocaña, Centro Artístico Fotográfico J. Ocaña e hijos. Vigo; Ocaña e hijos; Fdo. Ocaña y Hno; Ocaña Cangas–Vigo, etc.

Unha foto familiar en Vigo, datada en 1910.   | // ARQUIVO A CEPA

Unha foto familiar en Vigo, datada en 1910. | // Arquivo A Cepa / Fernando Cuñarro*

A súa descendencia

A filla maior, Manuela casou en Vigo co fotógrafo Juan Gutiérrez que tiña o seu estudo na rúa Elduayen.

Hermenegildo foi o único fillo que provocou unha escisión no negocio familiar ao establecerse pola súa conta, en 1902, nun local co nome de Fotografía Moderna de Hermenegildo Ocaña. Anunciábase no xornal Faro de Vigo, garantindo rapidez, esmero e economía nos seus traballos.

Retrato dunha muller en Vigo.   | // J.OCAÑA E HIJOS

Retrato dunha muller en Vigo. | // J.Ocaña e Hijos / Fernando Cuñarro*

Eduardo José, o terceiro dos fillos, traballou en Hendaia e noutras cidades francesas.

Fernando estableceuse en Ferrol na rúa Real e alí contou coa axuda do seu irmán Ramón. Catro anos máis tarde volve para Vigo e participa na política local nos anos 20. Durante a Guerra Civil colabora nos servizos de vixilancia para o Réxime xunto ao seu irmán Manuel.

Retrato dun home con gravata de lazo.   | // J.OCAÑA E HIJOS

Retrato dun home con gravata de lazo. | // J.Ocaña e Hijos / Fernando Cuñarro*

Ignacio abriu en Vigo en 1899 o Centro Artístico Fotográfico J. Ocaña e Hijos con sucursais en Padrón e Baiona. Traballaría tamén en Compostela e en Vigo. Abandona a fotografía por un posto de conserxe na Lonxa do Berbes.

Retrato de tres mulleres en Vigo.   | // OCAÑA E HIJOS

Retrato de tres mulleres en Vigo. | // Ocaña e Hijos / Fernando Cuñarro*

Ramón Ocaña nace no 1881 en Bilbao. Vai ser o fotógrafo máis importante da vila de Cangas. Coma todos os seus irmáns aprenderá o oficio no estudo fotográfico do seu pai en Vigo onde traballará como aprendiz retocando clichés e facendo labores varios. Con 23 anos, emigra a Cuba, perfeccionándose no taller Otero y Colominas. Regresa a Vigo para montar o seu propio estudo fotográfico. A vila de Cangas será o seu destino.

O fotógrafo Ramón Ocaña en 1930.  | // ARQ. A CEPA

O fotógrafo Ramón Ocaña en 1930. | // Arquivo A Cepa / Fernando Cuñarro*

Manuel naceu en Soria. Foi un gran velocista e ciclista, directivo do Vigo Football Club. Colabora como fotógrafo deportivo na revista Vida Gallega. Emigrou a América e en Bolivia iniciouse no documental fotográfico. Regresa a Galicia e abre un estudio de fotografía artística en Marín. En 1937 regresa a Vigo e milita na Falanxe. Recibiu unha homenaxe póstuma cunha exposición dos seus retratos e paisaxes na sala de arte de Foto Club de Vigo.

Retrato dun neno e unha nena en Vigo.   | // OCAÑA E HIJOS

Retrato dun neno e unha nena en Vigo. | // Ocaña e Hijos / Fernando Cuñarro*

Andrés naceu en Barcelona. O máis pequeno dos Ocaña tamén foi deportista. Emigrou a América e dende 1928 pérdese a súa pista.

O reverso doutra fotografía feita en Irún.   | // JUAN M.OCAÑA

O reverso doutra fotografía feita en Irún. | // Juan M.Ocaña / Fernando Cuñarro*

O estudo fotográfico de Ocaña e Hijos en Vigo recibe o Diploma de Honor en Alexandría 1901. Neste ano realizan obras de ampliación do seu estudo onde terían capacidade de retratar a grupos de até 50 persoas. Terán estudio aberto en Vigo até o ano 1941 (no local que despois ocupou Foto Club).

O reverso dunha fotografía feita en Baiona.   | // JUAN M.OCAÑA

O reverso dunha fotografía feita en Bayona (Francia). | // Juan M.Ocaña / Fernando Cuñarro*

Os Ocaña foron unha prolífica familia de fotógrafos que deixou pegada en Galicia nos séculos XIX e XX.

*Secretario de A Cepa

Fernando Cuñarro.

Fernando Cuñarro.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents