Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O tímpano de San Martiño e os seus persoeiros

Identificadas as figuras desta peza da antiga sacristía que alberga o Museo de Pontevedra desde o ano 1927

Mostra das imaxes pequenas de Fernando Arias e Fernando II. | // FDV

O investigador moañés en prehistoria e arqueología Antonio Costa Iglesias deu a coñecer na velada cultural das Festas de San Martiño de Moaña, o traballo de identificación dos persoeiros do tímpano da antiga sacristía da igrexa parroquial, que garda o Museo de Pontevedra desde 1927 procedente dun muro cercano ó templo. No anverso está representada a apoteosis de San_Martiño con cinco figuras. A pequena a dereita a identifoica con Fernando II, rei de Galicia, falecido no 1188. Ten a postura semellante ós dos sepulcros de Fernando II, Alfonso VIII ou Raimundo de Borgoña na Catedral de Santiago

O Museo de Pontevedra alberga desde o ano 1927 un timpano gravado polas duas caras procedente de un muro cercano a igrexa de San Martiño. Trátase de unha peza lixeiramente apuntada semellante en composición o timpano occidental, pero posiblemente mais moderno, do primeiro cuarto do seculo XIII, a xulgar polo seu estilo. No seu anverso, moi desgastado pola erosión e por permanecer exposto en un muro desde 1763 cando se derrubou o abside da sacristía e comezou a edificación da actual, está representada a apoteosis de San Martiño. Unha mandorla apuntada con un personaxe barbado, porta unha mitra apuntada adornada con unha cinta perimetral ou circulus e un galón vertical ou titulus apenas perceptibles. Os brazos a altura da cintura coa man esquerda no peito e a dereita alzada en xesto de bendición. As máns, como toda a figura amosa distintas mutilacións producto dos seus avatares históricos. Viste unha túnica até os tornecelos e con diversos pregues moi visibles nos ombreiros e nos laterales das pernas. Baixo ela unha roupa interior apuntada. Parece portar unha estola con algún gravado moi ténue nos seus remates.

A mandorla está sostida por unha parella de anxos de tosca factura coas asas despregadas en sentido vertical seguíndo a liña perimetral do tímpano, as do situado a esquerda do santo, recortadas para deixar espazo para a figura que ten o seu carón. Visten unha curta roupa cinguida a cintura con senllos cíngulos. A do que está a dereita do santo remata en unha cenefa apuntada da que carece o outro. Calzan botas curtas.

Nos vertices inferiores do tímpano duas pequenas figuras, probablemente xacentes, pois non debemos esquecer que o tímpano esta feito para contemplar desde un punto de vista baixo e non frontal como na sua representación gráfica.

Unha das figuras pequenas do tímpano. | Arquivo do autor

A figura da esquerda e probable que fora esculpida cando o tímpano xa estaba feito, pois para o seu encaixe folgado foi necesario recortar as asas do anxo. A pesar do seu grao de erosión, semella estar deitado coa cabeza apoiada na man dereita e a esquerda sobre o ventre e os seus ollos pechados. Creemos que representa a Fernando Arias, a quen o rei lle donara a herdade de Sabaceda onde estaba a antiga igrexa prerrománica de San Martiño de Moaña, xa falecido, polo que o tímpano seria posterior o 1204/11 que son as datas que se manexan sobre a súa morte. Neste caso figura representado como si de un rei se tratase en concordancia coa amizade coa que o rei honrábao.

A figura da dereita está en posición especular con respecto a anterior co seu brazo esquerdo levantado e a cabeza apoiada nel e o dereito cruzado sobre o ventre. Presenta coroa e barba polo que o identificamos con Fernando II, rei de Galicia que falecera no 1188.

Estas posturas son semellantes as que amosan os sepulcros de Fernando II, Afonso VIII ou Raimundo de Borgoña no Panteón dos reis de Galicia na Catedral de Compostela pero condicionadas pola limitación do espazo dispoñible. A sua actitude é durminte como acontece cos outros sepulcros cos que comparte espazo. O rei durme agardando a volta a vida, aspecto este que se reflicte no pensamento medieval.

A outra das figuras pequenas do tímpano que o autor identifica como Fernando II. Arquivo do autor

Unha das cuestións as que haberá que tentar dar resposta e a autoría da persoa encargada da elección dos motivos a representar nos distintos tímpanos de esta igrexa. Si ben durante os trece anos que durou a construción puido ser Arias o que dirixía as obras, e certo que non permaneceu todo o tempo en Moaña, pois aparece citado como testemuña en varios documentos reais asinados fora dela. O rei faleceu catro anos despois de empezar a construción da igrexa despois de unha longa enfermidade.

Nos nove anos seguintes rematouse a igrexa e probablemente iniciouse a construción da sacristía para a que se deseñou o tímpano que habería de rematar a homenaxe a figura do rei. A análise escultórica e construtiva de ese tímpano permite identificar dous momentos distintos anque, moi achegados no tempo.

No anverso talláronse as figuras centrais: o San Martiño e os dous anxos gardiáns con vestidos e calzado impropios de ese tipo de representación e o rei durminte. Debeu quedar previsto o oco para esculpir a figura de Arias cando chegara o seu pasamento. Un erro no espacio que iba a ocupar a sua figura fixo que se recortaran as asas do anxo para facerlle cabida.

O reverso do tímpano presenta un relevo algo menos pronunciado. Unha liña divide o vértice do resto do campo rebaixado, no que están esculpidos no centro unha cruz de San Andrés mixta de lazos e grega alancetada con mango para hastil. Baixo ela dúas pequenas aves coas cabezas voltas hacia a cola, similares as do tímpano pentagonal da porta setentrional. Nos vértices inferiores dúas rosáceas de seis pétalos con botón central inscritas en cadanseu circulo e sobre estas dous animais: a dereita un ave grande de forte peteiro e a esquerda un león correndo coa cabeza volta hacia atrás coa boca entreaberta, con poutas e a cola cinguida no ventre.

Despois de un traballo minucioso e exaustivo empregando a fotogrametría, creo estar en condicións de asegurar que estas figuras son as mesmas que están no tímpano da porta principal. Iso convirte a esta igrexa en un monumento único en Galicia, pois nas mais de cincocentas igrexas románicas deste período, non teño constancia da presenza de alomenos duas representacións do monarca en ningunha delas. Ben é certo que sucesivas investigacións poidan mudar esta percepción.

Antonio Costa Iglesias

(*)Investigador moañés, foi membro da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento e autor da primeira excavación da Torre de Meira no 1978.

Compartir el artículo

stats