Beluso únese á homenaxe a Xosé Manuel Millán

Un momento del homenaje a Xosé Manuel Millán.   | // SANTOS ÁLVAREZ

Un momento del homenaje a Xosé Manuel Millán. | // SANTOS ÁLVAREZ / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Beluso, a súa parroquia natal, uniuse onte á homenaxe ó finado rexedor de Moaña, Xosé Manuel Millán, cun acto que se desenvolveu na Casa do Pobo e no que se destacou o carácter “universal” do político e escritor, así coma o seu “orgullo de ser do Morrazo”.

O acto contou coa presenza da familia de Millán, ademais da diputada provincial María Ortega; do alcalde buenense, Félix Juncal; e do escritor Manuel Rei, xunta a Xardín Desordenado, que puxo música a catro dos poemas da “Obra Poética Completa” do escritor morracense. Ortega destacouno coma “un referente que debe ser coñecido e recoñecido en toda Galicia” e Rei apuntou que O Morrazo “era a súa materia prima”. Juncal subliñou o seu papel para “reactivar o municipio de Moaña”.

Tracking Pixel Contents