A Deputación de Pontevedra e o Concello de Moaña rendieron hoxe unha emotiva homenaxe ao exalcalde nacionalista Xosé Manuel Millán no segundo cabodano do seu falecemeno, no que ensalzouse a súa faceta poética e tamén a política, coa presentación dun libro da súa obra poética completa, editado polo organismo provincial; e a plantación dun carballo e descobremento dunha placa na Praza do Concello. Desde hoxe, ambos lembran ó que foi rexidor do municipio desde 2003 a 2011. A placa In memoriam pósase sobre unha pedra dos montes de Moaña na que se pode ler unha frase de Ramón Cabanillas "Quero na lousa que me dea sosego esta palabra que ten as: Poeta, e esta palabra que ten luz, Galego". Como árbore foi elexido un carballo, tal e como dixo no acto e desprendendo bágoas, a alcaldesa, Leticia Santos, polo seu simbolismo que representa a labor de Millán no Concello, de fortaleza, humildade e capacidade. Xunto a ela estivo presidindo o acto a diputada provincial de Patrimonio Documental e Bibliográfico e edil moañesa, María Ortega; xunto ó presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AEGL), Cesáreo Sánchez; e Manuel Rei, responsable do limiar e da publicación da "Obra poética completa".

A homenaxe a Millán, que faleceu no ano da pandemia en 2020, a idade de 56 anos e xa retirado da política local, encheu o salón de plenos do Concello, coa súa familia presente -a súa viúva Chus Moreira, as súas dous fillas, pais, irmá e sobriños. As melodías do gaiteiro Xosé Manuel Budiño acompañaron ó inicio do acto coma tamén o descubremento da placa na Praza do Concello coa Marcha no Antigo Reino de Galicia. Foi emocionante escoitar falar de novo no salón de plenos a Millán poeta, na grabación que proyectou o presidente da AELG, procedente dos fondos desta asociación, na que explica os seus inicios na literatura. Fala de que a súa casa de neno, en Beluso, era unha casa sen libros, na que os seus pais tiñan outros complicados oficios, pero aos que debe a transmisión da lingua galega que lle acompañou na súa vida. A testimuña recolle que desde moi rapaz, con 10 ou 11 anos, tivo a ilusión pola lectura, afán por ler, ler, ler, como os nenos de 5 ou 6 polo dibuxo, e recorda ler a "Moby-Dick" con 8-9 anos. Xa entonces empezó a escribir versos. O afán pola literatura levoulle a coñecer a outros poetas e a literatura galega, coma a xeración do 27 deixoulle pegada e que o gusto pola literatura levoulle tamén á investigación literaria con traballos sobre o poeta cangués Bernardino Graña, o seu mestre no Instituto de Cangas; Ramón Cabanillas ou Vicente Risco.

Unha escolma de poemas de Millán foron recitados no acto por Dani Costas, Marta Dacosta, Miriam Ferradáns, Lucía Durán e Lucía Novas.

Familia do homenaxeado, coa súa viúva no primeiro plano. SANTOS ALVAREZ

A deputada María Ortega subliñou que a pesares de non ter coincidido no tempo político con Millán, coñecía e compartía a súa traxectoria e que o seu legado cultural e literario “é atemporal” e dunha “indiscutible calidade e importancia”, motivo polo que a Deputación foi adiante coa publicación da ‘Obra poética completa’ . 

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, tamén tivo palabras de louvanza para Millán. Asegurou que foi un home que tivo consciencia da súa nación e que foi un referente tanto para a Asociación como para todas as persoas escritoras do país. “El é un bo e xeneroso como di o himno da nosa nación”, subliñou. “Sempre foi de agradecer a claridade dun poeta á hora de anunciar o seu posicionamento político e social, e en consecuencia cultural. Nos tempos de blanqueamento de condutas políticas, a cultura pode ser defendible nas formas. (...)Acontece que se os poetas estamos encardinados en vontades que guían e guiarán a nosa nación é cando é negada a nosa obra. Iso é algo que un poeta nacionalista consecuente ten que asumir. No caso de Millán é importante dicir isto”, subliñou. 

A placa e árbore que lembran a Millán na Praza do Concello. Rafa Estevez

Finalmente, e tamén coa emoción moi palpable nas súas palabras, fixo Manuel Rei un percorrido pola traxectoria vital e literaria de Millán. O autor subliñou que tras pasar dous anos da súa morte era preciso non só sacar á luz a obra inédita, senón imprescindible facer unha compilación de todos os seus traballos, polo que agradeceu á Deputación a edición do libro presentado hoxe, coma a colaboración da sñua viúva e de Daniel Rodas, que foi concelleiro na etapa de goberno de Millán.

Rei lembrou que para o homenaxeado a poesía foi o fío condutor da súa vida, ás veces incluso unha maneira de terapia ou refuxio. Destacou que soubo “a un tempo” ser poeta e desenvolver o seu labor político sen que unha parte fagocitase á outra: “Demostrou que a política se pode facer con poesía, agarimo, sensibilidade e bo trato ás persoas e ás cousas, e que tamén a poesía se pode facer sen desatender as problemáticas do mundo real, sen encerrarse nunha torre de marfil”, subliñou.

Na parte final do acto, logo das lecturas poéticas, fíxose unha entrega de agasallos institucionais á familia e ás persoas que participaron.

Os actos de homenaxe proseguen esta tarde en Domaio, organizados polo BNG de Moaña e mañá en Bueu, ás seis e media da tarde na Casa do Pobo de Beluso. Alí presentarase de novo a ‘Obra Poética Completa’ a cargo de Manuel Rei, e participarán a deputada María Ortega e o alcalde Félix Juncal. A nota musical poraa a agrupación Xardín Desordenado, que versionará varios poemas.

Xosé Manuel Millán foi profesor de Lingua e Literatura Galega en Moaña e autor de "Este é o tempo do sal", que foi Accésit do Premio Esquío, 1991) e "As palabras no espello" (Ed Do Castro, 1995), galardonada co VII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. A súa última publicación foi no 2018 "As cinzas de Pasolini". O libro que edita a Deputación, a que hoxe foi entregado de forma gratuita ós presentes ó acto, recolle escritos inéditos.