“Miss Docet”, feminista e galeguista
Compañía Eléctrica presenta hoxe en Cangas a obra teatral sobre a viguesa que foi Miss España e mulleres silenciadas pola ditadura
G.M.P.
“Temos unha débeda con moitas das mulleres da historia de Galiza, como a viguesa Emilia Docet”, sinala Iria Pinheiro, coautora e intérprete da obra “Miss Docet”, dirixida por Vanesa Sotelo e que se representa esta noite (20.00 horas) no Auditorio de Cangas, con entradas desde cinco euros. Trátase dunha peza de teatro documental que entretece a biografía da coñecida como “Miss España galeguista”, que acadou tal título de beleza en 1933, con outras mulleres silenciadas durante a ditadura e mesmo “borradas da historia”, sinalan desde a Compañía Eléctrica. Urania Mella, Olimpia Valencia ou María Antonia Sanjurjo son algunhas desas figuras.
Pinheiro, que é autora do texto xunto con María Reimóndez, decatouse da existencia de Emilia Docet hai a penas unha década. “En 2013 descubro a figura desta muller na prensa. Sorpréndeme a súa existencia e a necesidade de contala”, explica. Comezou, así, un traballo “de investigación e pesquisa” que agora da froito na obra que chega hoxe a Cangas despois de pasar por Tomiño, Rianxo e O Grove e a previsión de subir aos escenarios da Pobra do Caramiñal, Vimianzo, A Laracha ou Betanzos.
Ofrécese unha obra de teatro “documental e feminista”. Tamén galeguista, porque recoñécelle a Docet, que foi unha disciplinada nadadora e estudante de Peritaxe Mercantil, que aproveitara a súa popularidade “para posicionarse a favor do movemento galeguista da época”. Desde a compañía destacan que foi “membro do Partido Galeguista” e unha das participantes no Mitin das Arengas o 24 de xullo de 1934, e, ainda que algúns familiares chegaron a cuestionar tales referentes, as discrepancias semellan superadas e mesmo membros da familia acuden á representación.
Iria Pinheiro recalca a importancia de recuperar a figura de Emilia Docet e a información sobre ela para seguir transmitíndoa. Tamén a relevancia pedagóxica e didáctica, e nese obxectivo oriéntanse as actividades complementarias para escolares. “Miss Docet” ten unha duración de 75 minutos e está dirixida ao público adulto. As entradas poden adquirirse no Auditorio ou a través de Ataquilla.com.
Suscríbete para seguir leyendo
- Aparece muerto flotando en el muelle de Aldán
- La lonja de Bueu registra una caída de 375.000 euros por la crisis del pulpo
- Cangas otorga chiringuitos de playa por cuatro años y excluye Melide por los accesos
- Se incendia el tejado de una casa en el barrio de O Casal, en Moaña
- «Que o mar che sexa leve, Bernardino»
- Un limón y medio limón en Vilariño.
- El río Bouzós, a punto de desbordar en el centro urbano por los restos de podas
- Comenzó la tala de árboles en las fincas que rodean la residencia de Aldán