Homenaxe ao insigne médico
Pereiro Francés, pediatra. Ciencia e humanismo
O autor percorre a dimensión do doutor a través das persoas que o coñeceron, mentras o sábado 1 de outubro o Concello lle dará o seu nome ao parque infantil da Alameda

O parque infantil do centro de Cangas que pasará de chamarse “Pediatra Pereiro Francés”. | G.N. / Xoán Chillón*
Comisión Pepe Pereiro
Glosar a personalidade de Xosé Pereiro Francés, polo rica que é, levaríanos a falar de múltiples dimensións que caracterizan a unha persoa moi especial. Limitarémonos a tres dimensións: a súa profesional, que é a máis coñecida, a cultural e a humana poñendo o foco en aspectos persoais e cotiáns

O pediatra faleceu en xuño de 2019. | FDV / Xoán Chillón*
Quixemos achegarnos á súa personalidade recorrendo a quen mellor o coñeceu, como son os seus compañeiros sanitarios e os cidadáns e cidadás de Cangas cos que conviviu moitos anos. Son testemuños reais de xente que ten nome e apelidos e saben do que falan. Son eles, pois, quen poñen voz a este escrito:

O médico. | FDV / Xoán Chillón*
Da súa dimensión profesional podemos dicir que Pepe sempre se creu un afortunado porque pensaba que tiña a profesión máis bonita do mundo. Movíase na órbita de que “cando alguén perde a saúde , perde o que máis quere e ve no médico sempre unha porta de esperanza” .
Comezaremos por citar o que algúns dos seus compañeiros dicían de Pepe:
Enfermeir@s que traballaron con él como son, Antonio Docampo e Esther Cabanelas, definíano como un personaxe bo, humilde, tolerante, inconformista, honesto, integro, sempre apoiando iniciativas que permitían mellorar a sanidade pública. Begoña Vazquez Patiño explicaba que era un médico tremendamente paciente “Nunca lle vin meter présa a unha nai a pesar de ter moitos pacientes”
Marisol Santomé (Matrona) :” Os profesionais eramos conscientes de que o mundo da pediatría gañaba moito con Pereiro. Eu lembro o seu sorriso, esa voz caladiña que tiña, esa forma de falar baixiño, que transmitía tanta calma e tanta serenidade ás familias “.
Emilia Gonzalez (Auxiliar de Pediatria ) : “ Na miña opinión, hai un antes e un despois de que Pepe estivese en Pediatría. Moitas nais chegaban á consulta preocupadas e saían confiadas en que o seu problema estaba en camiño de solucionarse”.
Fernando Reyes (médico, ex director do centro de Saúde) : “Pepe fue un gran pediatra, entregado a su profesión, con un gran nivel e intentando estar siempre al día, su empatía con las familias lo convirtieron en un personaje ideal cuando se produjo el traslado de la Casa del Mar al actual centro de salud. En los primeros momentos estuvo prácticamente solo, rodeados de muchas deficiencias e insuficiencias de todo tipo, pero siempre realizando una excelente labor pediátrica , como si del mejor centro de salud se tratara. Si yo tuviera que ponerle una nota a Pepe sobre su calidad profesional, no lo dudaría un momento, sería de : 10 “.
O Dr. Pesqueira , urólogo, que o tratara moito, destacaba del tres cousas moi importantes: “proximidade co paciente, nunca unha palabra máis alta que outra, e sobre todo,moitos, moitos coñecementos “.
As nais tiñan unha gran confianza na súa capacidade profesional. Lucia Bernárdez, é unha delas. Describe a Pepe en tres palabras que definen a un bo profesional, SABER (entendido como o coñecemento dunha ciencia, neste caso a medicina) , SABER FACER (cal é ou tratamento máis adecuado en cada caso ) e SABER ESTAR (saber que diante de ti está unha nai preocupada que necesita que se lle escoite, que se lle dea confianza e tranquilidade) . Estes tres saberes viviunos Lucia con él. Cando naceu a súa filla, tiña que tomar unha decisión moi importante que ía condicionar o futuro da nai e da filla . Consultouno con él e a decisión sabia deste, lembrámola aínda todos os días.
A súa figura como médico eclipsou a súa dimensión como activista cultural. Pepe participaba da filosofía dun excelente médico que afirmaba que : “aquel que só cre saber de medicina nin de medicina sabe “. Seguindo ese criterio incorporou ao seu equipamento persoal algo que cría que o podía mellorar como médico, como era a faceta cultural. Con él, podías gozar moito e manter conversacións moi enriquecedoras falando de literatura, de cinema, de pintura, de teatro, de arte de música …
Xosé M. Pazos, que desde aquí queremos agradecer o seu apoio constante para que Pereiro Francés tivese un recoñecemento oficial, contábanos que, ademáis de ser un profesional como unha copa dun pino, era un porriñes de nacemento pero terminou sendo un cangués de primeira fila. Involucrouse desde o primeiro momento non movemento cultural de Cangas.
Creou e participou activamente na Mostra de Teatro e na súa continuación cando estaba todo por facer.
Foi presidente de Xiria, unha organización que abriu, dunha forma moi importante, o camiño a enorme potencia cultural que ten Cangas.
A inicios da década de 1990 desenvolveu un labor de educación para a saúde dende a responsabilidade de dinamizador do Consello Local da Saúde. Campañas de sensibilización dando infinidade de charlas nos centros educativos e socio-culturais de Cangas e do Morrazo, campaña de prevención diante de gromos de meninxite infantil, dá necesidade de contar con rede de traída de auga potable a fin de reducir ou eliminar esta enfermidade.
Tivo unha participación importante na asociación dá Memoria Histórica.
Mostrou sempre unha notable preocupación pola defensa do idioma galego.
Se falabas con Pepe máis de 10 minutos, terminaba falándoche dunha das súas grandes debilidades : as pombas mensaxeiras. É autor dun excelente libro “ Lidando con Pombas” e dunha infinidade de entrevistas e escritos sobre a súa actividade.
En canto á súa dimensión humana foi un gran defensor dous dereitos humanos cos que estivo comprometido ata o final. Hai múltiples exemplos que poñen de manifesto ese compromiso. Uns dous últimos, xa coa enfermidade moi avanzada, foi a súa colaboración coa súa filla Débora da tradución ao idioma galego dun poema dunha refuxiada somali que visibilizaron os alumnos de 4º de ESO do I.E.S. As Barxas en Moaña. Sempre loitou contra esa idea tan negativa que ten moita xente sobre a emigración que era reflexo para Pepe dunha sociedade moi despreocupada polos demais.
A súa traxectoria humana en Cangas podemos medila a través de dous feitos moi potentes que permiten visibilizar o respecto, agarimo e agradecemento que lle tiña o pobo de Cangas. O primeiro é que a nosa proposta da denominación o Parque do Sinal como Parque Infantil “Dr. Pereiro Francés.Pediatra” ven avalada pola unanimidade de todas as asociacións de Cangas que representan moitas formas de saber e de saber facer e que son indicadores da enorme potencia que temos como pobo.
O segundo feito que tamén queremos destacar é a explosión que se produciu nas redes sociais cando a xente se decatou da súa morte, coa visualización de centos de mensaxes que poñían de manifesto a súa admiración e agradecemento ao seu excelente traballo como pediatra. Da infinidade de mensaxes elixímos tres representativos do que estaba ocorrendo nas redes:
Fredi Costas : “Bueno nunca quieres escribir esto, pero es inevitable escribir hacia una figura como ha sido la del pediatra José Pereiro, que nos ha dejado en el día de ayer con tan solo 64 años. Muchísimas gracias por todo lo que me aportaste cuando era un crío y por inculcarme los valores y la importancia de cuidar nuestra salud más allá de nuestros apretones de manos y nuestras conversaciones. Se va una gran persona , pero sobre todo el mejor amigo de todos los amigos de este pueblo que es Cangas, hasta siempre Pereiro”.
Jose Saa:
““Hay personas que vienen al mundo tocadas por una varita mágica, que regalan lo mejor de si en forma de respeto, tranquilidad, paz, cariño... Siempre recordaré la primera vez que entré en tu consulta bastante preocupado como padre primerizo en aquel momento, y como con tu temple y tu voz sosegada llena de conocimiento, y esa energía tan bonita que se sentía en tu consulta, repleta de fotos de tant@s pequeñ@s cangues@s, agradecido, volví a casa muy tranquilo y muy bien aconsejado. Desde ese día cada vez que he ido al pediatra no he tenido la sensación de ir al médico, sino a visitar a un amigo que me iba a ayudar con todo su cariño.
Asociación de apoio á latancia materna, Chuchamel :
“ Gran profesional y nos consta que mejor persona, ha sido un Ángel caído del cielo para muchas de nosotras”
Pepe é unha boa referencia para os profesionais da saúde, pero tamén o é para moitos de nós, pola súa extraordinaria calidade humana , sempre moi respectuoso con todos as fórmulas que perseguisen un mundo máis xusto e habitable. Comprometido co paciente pero tamén, sempre, sempre, moi comprometido con Cangas que era o seu territorio de felicidade.
Podemos preguntarnos por que a nosa proposta vai na elección dun parque infantil que leve o seu nome. A resposta é porque o parque infantil é o punto de encontro de moitas nenas e nenos, personaxes que formaron parte da súa vida. Un parque infantil é un lugar onde crecen persoalmente e socialmente as nenas e os nenos, onde fan valer a súa imaxinación e creatividade , onde aprenden a compartir obxectos, onde aprenden a xogar en diferentes alturas, onde aprenden a xogar ao aire libre, onde aprenden a tolerarse, a madurar , a saber esperar e a fomentar vínculos de amizade con outr@s nen@s. Un parque infantil é, un lugar público, que non ten ningún custo económico para os pais pero proporciónase moitos beneficios físicos, cognitivos, emocionais e sociais aos seus fill@s. Ese lugar, tan especial, é o que pedimos sirva de recordo dun pediatra que quería moito ás nenas e ós nenos.
Queremos dar as grazas a todos os seus compañeiros por querer participar, a todas as institucións canguesas por esa unanimidade no apoio da proposta, a toda esa xente que desde as redes sociais lanzaron infinidade de mensaxes de agarimo para con Pepe, á corporación municipal por facilitar este recoñecemento, e como non, tamén a todo o pobo de Cangas que sempre nos fixo chegar de múltiples formas o agradecemento e agarimo que lle tiñan. Trátase, pois, dunha iniciativa, ao noso xuízo, que conta cun gran apoio maioritario de moita xente diversa. O seu traballo foi un fermoso agasallo para Cangas . Grazas PEPE, fuches, unha GRAN, unha ENORME SORTE.
P. D.
O sábado 1 de outubro no Parque Infantil do Sinal ás 18:00 horas reunirémonos no acto que permitirá inauguralo como “Parque Pereiro Francés. Pediatra”, que agardamos sexa emotivo, no que se mesturará a música con textos de persoas que tiveron moita relación con él. Queremos poñer en valor a un pediatra exemplar , moi humanista , moi honesto , moi progresista e moi comprometido con grandes valores éticos e humanos.
Gustaríanos contar coa vosa presenza. Moitas grazas
* Representante da Comisión Pepe Pereiro
Suscríbete para seguir leyendo
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- Aparece abandonado un coche en A Fraga, en Moaña, con los airbags disparados y con vertido de aceite
- El gobierno cangués programa un cambio estructural en la cúpula de la Policía Local
- Adega denuncia la tala en la isla de Ons de plantas protegidas y en peligro de extinción durante los trabajos de la Xunta
- La Mancomunidad de O Morrazo refuerza la inspección de los composteros domésticos con 157 visitas a hogares