Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xigantes e cabezudos

A orixe destes elementos festivos relaciónase co Corpus, aínda que logo foron prohibidos, e a súa presenza en Cangas remóntase a principios do século XX

Xigantes e cabezudos nunha das festas de Cangas.

Así como as “Madamitas” proceden de vellos rituais de Semana Santa, os Xigantóns e Cabezudos teñen a sua orixe no Corpus e nos gremios que levaban as suas “representacións” de pasaxes bíblicos a través de personaxes senlleiros como o enorme San Cristovo de Redondela, os demos e os ananos deformes (cabezudos) que representaban o inferno co demo en forma de dragón (cocatrix). As prohibicións en 1780 destas exhibicións paganas nos desfiles procesionais (incluidas danzas) levou posteriormente á sua transformación en personaxes que honraban aos reis, derivando máis adiante en personaxes coñecidos e máis amables que, segundo as zonas de Galicia, recibían nomes como almazonas, calantornias, pampónigas, pantasmas, papamoscas ou cocos/as... o que indica a sua tardía recuperación e descoñecemento simbólico anterior.

O enorme San Cristovo das festas de Redondela.

O enorme San Cristovo das festas de Redondela.

A primeira noticia que temos da presenza destes elementos festivos procede das Festas do Cristo de 1902 na que un grupo de cabezudos percorría as ruas, acompañado habitualmente dun grupo de gaiteiros. Ademáis do ambiente festivo e da xolda que xeraba este grupo, una multitud de niños y gentes de aldea solía seguirlos en su recorrido animador de las ruas y plazas. O día da procesión do Cristo, pola tarde, o grupo de gaiteiros e cabezudos tamén adoitaban abrir, xa de xeito máis respeitoso, a comitiva relixiosa. No ano seguinte 1903 e na mesma data festiva, séguese constatando a presenza dos cabezudos pero acompañados agora dun par de xigantóns que desde esta data tamén se farían habituais nesta celebración.

Unha anécdota entre dous gaiteiros no ano 1896.

Unha anécdota entre dous gaiteiros no ano 1896.

Supomos que ao menos durante algúns anos seguirían saindo para cumprir a sua función animadora mais non temos novas referencias a eles ata o ano 1922 en que só saen cabezudos e así ata 1926 en que volven sair xigantes e cabezudos. Cabe que durante o periodo republicano, no que se restrinxiron as exhibicións relixiosas, estes elementos, dependentes do Concello, foron suprimidos. No 1940, ao rematar a guerra, volven a recuperarse e temos constancia da sua presenza tamén na celebración do San Roque de Cangas de 1949. Desde 1961 Antonio Iglesias (Totolino) sería o encargado de buscar os mozos para esta comparsa pero no 1969 non sairon e xerouse gran polémica.

As reivindicacións salariais da comparsa dos xigantes e cabezudos a finais dos 60 e principios dos 70.

As reivindicacións salariais da comparsa dos xigantes e cabezudos a finais dos 60 e principios dos 70.

O desta alcalde Eduardo López, ao final, tivo que lle pedir desculpas públicas aos nenos por non sairen, aducindo que non contrataran os gaiteiros para acompañalos. Non sabemos se isto era unha estratexia para eliminar o custe desta comparsa na que cobraban 125 pesetas os xigantes e 100 os cabezudos e de paso, aforrar o salario dos gaiteiros acompañantes.

O texto dun antigo esconxuro de Cangas.

Nos anos oitenta, xa moi deterioradas as máscaras, imposibles de recuperar, fóronlle encargadas unahs novas ao prestixioso artista e escultor César Lombera que elaborou unha parella de xigantes que semellan personaxes do século XIX, coa a figura feminina con tocado e corpiño e el con monteira. Os cabezudos, oito, representan a sete figuras antropomorfas e un lobo todos con imaxe grotesca que perduraron uns anos ata que o seu deterioro se fixo evidente, tendo que recorrer finalmente a comisión de festas a pedilos emprestados. No ano 2003 encargóuselle da sua restauración a experta artesá Sagrario Ortiz e son os que se manteñen a día de hoxe e que desfilan polas rúas acompañados dun grupo de gaitas ou unha charanga. Este ano 2022, o grupo de xigantes e cabezudos semella que van estrear unha nova vestimenta polo deterioro da anterior.

*Mestre e investigador

Compartir el artículo

stats