Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna Libre

O Concello de Moaña e o ruído

Despois do parón da pandemia onde non se celebraron os festexos (verbenas, atracións, megafonía, fogos, etc…) da festividade da virxe do Carme, este ano recuperáronse por todo o alto, alterando a vida dos veciños e veciñas do centro de Moaña principalmente, pero tamén noutros barrios.

Entendo e respecto o dereito do que queira participar na festa, pero tamén se debe respectar o dereito do que non queira ou non poida, polos motivos que sexan de saúde, traballo, ou simplemente que non lle gusten estes festexos. Hai que conxugar e respectar todos os dereitos da cidadanía.

O dereito ao ocio termina onde empeza o dereito á intimidade, ao descanso e á saúde. En caso de que non se poidan compatibilizar estes dereitos, debe prevalecer o dereito á saúde sobre o ocio (artigo 43.3 da Constitución Española (CE)). Hai que defender e garantir os dereitos fundamentais, ao descanso e á saúde (artigo 43.1 e 2 da CE) , e á intimidade persoal e familiar (artigo 18.1 da CE).

As festas non poden ser unha alegría para uns, e coverterse nun pesadelo para outros.

Os recortes en sanidade matan, pero as decisións e actuacións en contra da saúde dos veciños e veciñas tamén, e o governo municipal debería velar polo benestar de toda a cidadanía e para que non se volvan a producir situacións como as que tivemos que vivir durante estas festas.

Levamos bastante tempo de concentracións os domingos pola defensa da sanidade pública e da saúde dos vecinos e veciñas, que é competencia da Xunta de Galicia (é necesario facelo, non podemos consentir este desmantelamento da sanidade pública), pero o concello tamén ten competencia en materia de saúde, recollida na Ordenanza Municipal de Proteción do Medio Ambiente Contra a Contaminación Acústica, esa Ordenanza Municipal fíxose para protexer a saúde e mellorar a calidade de vida das persoas por mor dos ruidos e, en lugar de aplicala o goberno municipal deixaa sin efecto, anula a ordenanza, durante os días de festa, do 14 ao 18 de xullo, nun ámbito de tres quilómetros do lugar de celebración dos festexos, dando deste xeito carta blanca para deixar fora de control os festexos tanto o nivel de ruido como de horario. ¡¡Sen límite de ruídos nin límite horario!!

Como queira que aínda quedan este ano moitos eventos sociais e festivos por celebrar, insto ao goberno municipal a que teña en conta o benestar dos veciños e veciñas e que vele polo dereito á saúde, ao descanso, e á intimidade persoal e familiar dos mesmos.

*Veciño de Moaña

Compartir el artículo

stats