A Asociación Cultural Memoria Histórica 28 Agosto de Cangas sinte o falecemento de Carmen Nores Graña, que aos 96 anos ven de cruzar o limiar da eternidade. Foi unha persoa fundamental na nosa andaina, sempre presente, sempre amable, sempre garimosa, sempre transmitindo compañía, vitalidade e alento. Seguirémola lembrando en todos os encontros na Illa de San Simón, nas evocacións da Segunda República, nos actos de recordo dos mártires de Anguieiro e nas nosas reflexións colectivas.

A despedida é hoxe, domingo, as cinco da tarde no tanatorio de Cangas.