Vanesa Sotelo presenta o libro “Especies Lázaro”, hoxe na Capela do Hospital
O texto recupera a memoria da almirante Isabel Barreto

Representación do texto “Especies Lázaro”. | // TEATRO ART´IMAGEM / Redacción
Redacción
A programación de hoxe da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas acolle a presentación do libro “Especies Lázaro”, ás 20.00 horas na Capela do Hospital. Estará a autora, a dramaturga canguesa Vanesa Sotelo, así como a oceanógrafa Isabel Chapela e o crítico teatral Manuel Xestoso. Trátase dun texto orixinal en galego con traducción ao portugués que ofrece unha viaxe en paralelo entre o século XXI e o século XVI e se achega á figura de Isabel Barreto, primeira muller almirante da historia da navegación.
“Especies Lázaro” enmárcase nun proxecto do buque oceanográfico “Isabel Barreto” de catalogación do fondo mariño galego. Despois de varias semanas de convivencia e unha enfermidade inesperada, a tripulación mostra os seus prexuíxos e as súas diferencias. En paralelo, en xaneiro de 1596 o galeón “San Xerónimo” diríxese rumbo a Manila (Filipinas) despois da súa expedición para chegar ás illas Salomón, que foran descubertas en 1567 polo navegante Álvaro Medaña. Isabel Barreto é a encargada de capitanaer a unha tripulación mermada despois da morte do propio Mendaña, o seu home.
A programación da Mostra de hoxe inclúe tamén, ás 20.30 horas nos Xardís do Señal, a obra “Ikigai”, da compañía Su.ma.
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- Aparece abandonado un coche en A Fraga, en Moaña, con los airbags disparados y con vertido de aceite
- El gobierno cangués programa un cambio estructural en la cúpula de la Policía Local
- Adega denuncia la tala en la isla de Ons de plantas protegidas y en peligro de extinción durante los trabajos de la Xunta
- La Mancomunidad de O Morrazo refuerza la inspección de los composteros domésticos con 157 visitas a hogares