Putin e Yolanda Díaz no Auditorio

O texto cómico de Raquel Castro vence no VI Torneo de Dramaturxia de Galicia

Raquel Castro levanta o trofeo xunto ao resto de autores e a mestras de cerimonia.   | ESTUDIO PROLIGHT

Raquel Castro levanta o trofeo xunto ao resto de autores e a mestras de cerimonia. | ESTUDIO PROLIGHT / Fran G. Sas

Moaña
O pioneiro torneo de Dramaturxia de Galicia, organizado pola Mostra de Teatro de Cangas, chegou esta semana á súa sexta edición coa autora Raquel Castro como gañadora. O seu texto sobre Putin intentando entrar na OTAN fixo rir ao público, que o escolleu como o mellor dos catro presentados.

Raquel Castro (Alxén, Salvaterra do Miño) foi a autora que gañou o VI Torneo de Dramaturxia de Galicia, un evento no marco da Mostra de Teatro de Cangas que é pioneiro en Galicia e que, por vez primeira, se celebrou no escenario principal do Auditorio de Cangas, reunindo a varios centos de persoas. O público sorprendeuse coas pezas de 15 minutos plantexadas polos contendentes nesta edición. Ademais de Raquel Castro participaron Laura Porto, Cándido Pazó e Antón Coucheiro. O propio público foi o que votou polo texto gañador descoñecendo a autoría de cada un.

O de Raquel Castro, que resultou vencedor, titúlase “Xa están aquí!” e foi interpretado por Salvador del Río e Eva Vila. O texto, que puxo a rir aos asistentes, baseábase en que o presidente de Rusia, Vladimir Putin, quere entrar na OTAN e fala coa ministra galega Yolanda Díaz para que trate de convencer aos socios do tratado atlántico.

A obra plantexada por Laura Porto titulouse “Sopa de morcego” e narraba a historia dunha parella de dúas mulleres que experimentan con relacións sexuais en realidade virtual. Foi interpretado por María Francelina e Nuria Gullón.

“Flíper”, de Cándido Pazó, foi un texto lido por Anabel Budiño e Andrés Giráldez sobre unha conversa de taberna arredor dunha personaxe desaparecida. Antón Coucheiro, pola súa banda, propuxo un texto de teatro do absurdo con diálogos entre un anfitrión e o seu inquilino titulado "Viaxar é un pracer". Foi representado por Antonio Durán “Morris” e Avelino González.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents