Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Quico Cadaval traslada hoxe o Auditorio de Cangas ao universo de Vicente Risco

Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira o Evaristo Calvo suben ao escenario para representar “O porco de pé”, ás 22.30 horas

Reparto e director de “O porco de pé”, tras a actuación en Ourense.

A XXXIX Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas porá en escena unha adaptación da obra de Vicente Risco “O porco de pé”, dirixida polo dramaturgo Quico Cadaval. A peza, que se incorpora á programación despois de que a COVID-19 impedise a representación do espectáculo do televisivo Bob Pop, está representada por algúns dos actores máis recoñecidos do panorama galego, como Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo e corre a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas.

Neste histórico texto de Risco “o Porco”, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros “para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos”, segundo reseña a compañía que recupera ao escritor ourensán. Producións Excéntricas representa nesta obra “un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais”.

“O porco de pé” estreouse en 1928 e van xa case 100 anos dende que Risco “detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapéus a confundirse cos propios burgueses”. Volta, polo tanto, ao Auditorio cangués unha divertidísima sátira social “a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete”. Quico Cadaval recuperou a peza ao entender que “ten hoxe máis vixencia ca nunca”.

Sobre a escena canguesa pasarán esta noite personaxes fascinantes de hai un século como anarquistas, agraristas, vanguardistas, caciques ou golpistas, nun regreso á vida dos anos 20 do pasado século.

Compartir el artículo

stats