Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

XXXIX Mostra de Teatro de Cangas

El festival arranca con Eurovisión

El Auditorio rinde homenaje a Lino Braxe con una exposicón, recital y esta obra

Una representación del espectáculo “Eurovisión”, del que es autor Lino Braxe. FDV

Nunca Eurovisión ha estado tan presente en el teatro que exhibe Cangas en su Mostra Internacional como este año, con las eurovisivas Tanxugueiras, que recibirán el Premio Mulleres en Acción; y con el primer espectáculo teatral de sala, esta noche, de “Eurovisión” y con el que se homenaje a su autor, el fallecido Lino Braxe. Lo ponen en escena las compañías Bucanero y Manarte con un show sobre el concurso musical televisivo por antonomasia. El teatro de rúa, otro de los grandes clásicos de la Mostra, abre el telón mañana con el estreno en Galicia de “Solo Eva”, de la compañía catalana Caprina.

La 39 edición de la Mostra arranca con el recuerdo y el homenaje póstumo a Lino Braxe, (Mugardos, 1962-A Coruña, 2020), autor de “Eurovisión (o fake show)”, con el que se abre la programación de funciones de sala de este certamen en el Auditorio municipal Xosé Manuel Pazos Varela (22:30 horas), tras el pregón. A las 19:00 horas se inaugurará una exposición de la obra plástica y poemas visuales de este artista polifacético que entregó su talento al teatro, a la música, a la pintura a la radio (fue director de programas e informativos para Radio Nacional) y a la poesía. A las 19:30 se presentará el libro póstumo de “Poemas guardados” y media hora después se celebra el espectáculo poético musical “Poeta nas ondas”, con una veintena de participantes sobre el escenario, desde Daniel Beiras (arquitecto y dibujante) a Isabel Blanco (actriz) entre más poetas, actores y músicos.

El fallecido Lino Braxe

A las 22:30 horas y tras el pregón de Clara Gayo, las compañías Bucanero y Manarte pondrán en escena “Eurovisión” como colofón al homenaje a su autor. Braxe nació como actor en 1985 con la compañía Luis Seoane, pasó por el Centro Dramático Galego, fue director de escena y también de teatro radiofónico, así como uno de los impulsores del Premio María Casares. Hizo papeles también en el cine, la televisión y ejerció igualmente como actor de doblaje.

La obra Eurovisión es un show que muestra las tripas de la televisión, los tópicos patrios más absurdos o las músicas delirantes. Países europeos se mezclan con China o Estados Unidos, que no son europeos pero que participan, como también lo hace Galicia como anfitriona. ¿En dónde reside el alma de la patria? intentan explicar dos actores y una actriz sobre el escenario que cantan, bailan, presentan y actúan.

Actuación de Isabel Morera en “Sólo Eva” FDV

Habrá que esperar a mañana para empezar a ver los espectáculos de calle, si es que la lluvia lo permite. A las 20:30 horas en la Praza do Costal, está prevista la actuación de “Sólo Eva”, de la compañía catalana Caprina. Antes, a las 19:00 horas, en la sala de exposiciones del Auditorio, se inaugura la programación de Mulleres en Acción, que cumple su XXII edición, con la presentación del libro “Comando actualidade”, de Chis Oliveira Malvar y Priscila Retamoso Ramos. Dentro de esta programación se entrega el Premio Mulleres en Acción a las eurovisivas cantareiras y pandereteiras de Tanxugueiras que, aunque no lograron los suficientes votos para representar a España en el festival, sí lograron un gran impacto social con su música, de ahí este premio que reconoce también su discurso feminista, elogiando a las cantareiras y pandereteiras. Será el martes, 5 de julio.

A autora e actriz viguesa Clara Gayo, onte. / FDV

“É difícil crear no teatro cando as ideas están condicionadas polos cartos”

Clara Gayo - Actriz, autora e directora teatral

decoration

Desde pequena gustáballe escribir, tamén ver teatro. E foi así como, pouco a pouco, entrou no mundo profesional das artes escénicas, no que Clara Gayo é actriz, directora de escena, pero sobre todo, autora. O fai desde 2017 no colectivo “G.O.D. Flavia Antonia (Grupo Oportunista de Drama), a tres mans, xunto a Carlos Santiago e Zés Paredes con os que xurdieron as pezas “Acto de hixiene” (2017), “Poetas suicidas” (2018) e “Á Mesa” (2019). Como autora fue seleccionada en 2017 na comitiva de escritoras e escriores de Compostela que acudiron á 42 edición da Feira Internacional do Libro celebrada en Bos Aires. Con “Evasión” gañou o Premio Teatro radiofónico do programa Diario Cultural de radio Galega e quedou finalista en 2017 con “Proxecto tempo”. Entre outros textos, é autora de “Movidas”, “Razóns de peso”, que publicou Estaleiro Editora; “A mirada de Pier”, para Nut Teatro; e “Agorafobia: parálise contra o medo”, que autoeditó xunto a RedeNasa na colección “Ultratextos”. A autora viguesa, presente tamén en series televisivas como “Escoba”, “El Faro” y “Arenal”. abre hoxe a XXXIX Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela (22:30 horas) cun pregón no que se deixa de dramas para dar a súa faceta máis cómica. O seu último traballo como directora e autora con Belém Brandido, o espectáculo “Paxaros no cabo”, podrá verse, da man da compañía e productora de circo galega,Pistacatro, en Cangas. Será no pabellón de Romarigo (venres, 1 de xullo ás 22:30 horas), pola súa posta en escena con técnicas circenses.

  • Ficha persoal

    (Vigo, 1971) Clara Gayo é actriz, autora e directora. Formouse na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto en Santiago e é autora de textos para a compañía “FarandOleiras Cabaré” de teatro amador, que dirixe. Forma parte do Grupo Oportunista de Drama G.O.D. Flavia Antonia xunto a Carlos Santiago e Zé Paredes. É autora de textos teatrales como Movidas, Razóns de peso, “A mirada de Piuer” e “Agorafobia: parálise sobre o medo”.

–Máis actriz, autora o directora?

–Pois desde fai xa algúns anos, identifícome máis co labor de autora. É onde me sinto máis cómoda, máis libre, máis confiada... Escribir ten os seus propios desafíos (igual que actuar e dirixir, claro) pero a escrita ofrece unhas posibilidades que, para min, van máis aló das que pode ofrecer o corpo, é o xermolo, a raíz, o discurso que nace do espazo en branco.

–Cando se decatou que quería dedicarse as artes escénicas?

–Creo que foi sen querer. Non lembro ter unha epifanía e pensar: quero facer teatro. Gustábame moito ir velo, pero non imaxinaba que eu podía estar desoutro lado. De súpeto un día fun a un curso, despois a outro, e, fluíndo, fluíndo, empecei unha formación. Sabía desde pequena que non se me daba mal escribir, pero non o tiña tan claro e canto a actuar. E toda esa formación e toda esa vivencia actoral foi moi determinante tamén á hora de enfrontarme á Dramaturxia..

–Como cre que está a formación en Galicia? 

–Se tivese que escoller un adxectivo sería: escasa. A formación nunca é abonda e todo o que se faga, e se organice, e se ofreza nese sentido, paréceme fundamental. As artes escénicas, en toda a súa amplitude, requiren unha constante indagación, unha revisión permanente na procura de novos xeitos de transmitir, xa sexa mediante a escrita, o corpo, a luz, a escenografía, etc... Temos a obriga de manternos á espreita de novas linguaxes e tendencias, e iso só se consegue mediante a formación e o intercambio entre profesionais.

“Tiña un nivel pésimo de galego, se cadra ser de Vigo influíu algo nisto”

decoration

–Houbo un salto nas series televisivas en Galicia. Cre que no teatro falta dar ese salto? Condiciona o idioma?

–Non creo que o idioma aquí supoña ningún atranco. O dominio do galego é unha responsabilidade persoal, eu por exemplo, que tiña un nivel pésimo (se cadra ser de Vigo influíu algo nisto) e que aínda debo perfeccionalo bastante, por certo, preocúpome por mellorar cada día, pregunto, consulto, descubro...Por outra banda, con respecto a túa pregunta sobre o teatro galego e os “saltos”, eu creo que aquí hai boas ideas e profesionais que as poden levar a cabo. O que faltan son orzamentos. É difícil crear cando as ideas están condicionadas polos cartos, deberían ser dunha maneira, de “esa” maneira perfecta, pero finalmente o que facemos é adaptar a idea ás posibilidades reais, e moitas veces esa “idea perfecta” resulta damnificada. Isto tamén provoca que sexa difícil arriscar ou innovar, ou traballar sobre temáticas non tan “vendibles”, ou que teñamos que adaptar o noso traballo ás “modas” de cada momento. Isto non favorece a experimentación, e provoca, creo eu, que sempre esteamos percorrendo os mesmos camiños. Así que, como é lóxico, acabamos sempre no mesmo destino.

–Que lle supón ser a pregoeira da Mostra do Teatro de Cangas?

–Pois ademais da ilusión que me fai estar de novo coa xente bonita de Cangas, para min é unha oportunidade de dicir: “olaaa... Sigo por aquí!” Cando Maria Armesto, a directora, chamou para convidarme, pensei: “Que si, Clara, que somos cómicas. Déixate de dramas, anda...”.

–E subirse ó escenario do Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela?

–A ver se non tropezo e xa monto unha escena! Estou encantada, estiven xa algunha vez e é un espazo amable e acolledor... Un bo acubillo para calquera profesional.

–Que pegada lle deixou a pandemia na súa vida?

–Uf... Aínda estou en proceso, se che digo a verdade. Hai días que penso: pero isto todo...En serio pasou? Noto os efectos, claro que os noto... No corpo, na mente, pero en fin, as artes escénicas outorgan un non sei que de épica existencial, que creo que axuda a mellor levar estas vicisitudes...

–O seu último traballo como autora e directora é “Paxaros no cabo”. En torno a qué xira o espectáculo que podrá verse na Mostra?

–Pois é un espectáculo multidisciplinar de teatro, danza, circo, música, audiovisual (e todo isto polo mesmo prezo, señora!) producido por Pista Catro (e coproducido pola Mostra de Cangas, precisamente) que fala da importancia que lle damos as persoas a certas cousas, e digo ben: cousas. Bens, posesións, información, cartos... Todo isto, toda esa febre por “ter”, toda esa ansia por non ser menos que o resto, ou por posuír o que todo o mundo posúe, convértese nunha escravitude e ese investimento que ao principio era unha ilusión, tórnase unha cadea para toda a vida. “Paxaros no cabo” convida ao público a buscar as propias ás, a reflexionar sobre o que realmente importa e o que é artificio comercial.

–En que proxectos está traballando agora?

–Agora mesmo estou preparando o próximo espectáculo de Mofa e Befa “Pirolíticos”, escribindo man a man con Lucia Aldao e Maria Lado. Neste sentido estou de subidón, subidón!

Compartir el artículo

stats