Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fin de curso para o IES Illa de Ons

Organizou unha gala dentro dun proxecto de normalización lingüística

Pie de foto para la fotografía de Faro. | // FDV

O IES Illa de Ons aproveitou o final do curso lectivo para organizar onte unha gala no Centro Social do Mar. Unha gala que serviu para entregar os premios aos mellores videos en galego elaborados polo alumnado no marco dun proxecto impulsado polo equipo de normalización lingüística. Neste peche contaron incluso coa presenza do alcalde da vila, Félix Juncal, que acudiu a entregar o galardón ao mellor video. O rexedor animou ao estudantado e ao equipo docente a continuar “este traballo inmenso e ilusionante porque é moi importante manter esta paixón”.

O certame premiaba ás mellores creacións audiovisuais, que tiñan que contar cunha duración inferior a un minuto. A temática era do máis diversa: cultura xeral, cociña, amor e desamor, igualdade, etnografía, documental... O premio ao mellor video foi para Cristian Verde Piñeiro, que recibiu o galardón de mans de Félix Juncal. O segundo premio foi para Manuel Soliño, o terceiro para Xavi Martínez, o cuarto para Daniela Otero e o quinto para Alba Gallego.

Félix Juncal entrega o premio polo mellor video a Cristian Verde Piñeiro, onte no Centro Social do Mar de Bueu. T.G.

Na categoría de mellor video titorial a gañadora foi Mariña Fernández; o mellor video familiar foi o de Pablo Loira; o mellor documental correspondeu a Román Parada; o mellor video creativo foi para o grupo de alumnado do proxecto “Tola tras de ti”; e o mellor video para a promoción da igualdade foi para Pedro Costas. A maiores tamén houbo dous recoñecementos a series de videos: o primeiro premio foi para Daniela, Catalina e Mariña e o accésit para o equipo formado por Antía Riobó e Saray Santomé.

A gala comezou cun manifesto en defensa da lingua galega e ao longo da mesma intercaláronse actuacións musicais. A directora do IES Illa de Ons, Ana Belén Castro, puxo en valor a gran variedade dos traballos presentados a este certame, que “representan a vida poliédrica, na que todo se mestura” e defendeu que “non podemos entender a nosa identidade sen o respecto pola diversidade”.

Entre as actuacións musicais destacou a recoñecida “Lela”, un rap ou unha canción pop. O remate foi un canto e un baile a prol do respecto á diversidade e a canción escollida foi “Pano corado”, unha composición das Tanxugueiras.

Compartir el artículo

stats