Poesía e mar en Sanamedio
Este emblemático espazo de Bon acolle as xornadas "Id' a San Momed"

A presentación das xornadas "Id' a San Momed". / Fdv
David García
A capela de Sanamedio voltará a ser esta fin de semana o centro da poesía galega vencellada ao mar. O Arquivo das Trasnas organiza as xornadas “Id’ a San Momed”, que incluirá cerca dunha vintena de actividades, entre relatorios, obradoiros poéticos, presentacións de poemarios e incluso concertos.
Este encontro está patrocinado pola Consellería de Cultura e o acto de presentación celebrado hoxe a mediodía en Bon contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. O representante autonómico suliña o acerto de organizar un evento destas características nun dos lugares referenciais dentro da lírica medieval galega, así como “o forte papel que xoga o mar na tradición literaria de Galicia, estando presente desde os albores da nosa literatura até a actualidade, o que convida sen lugar a dúbida a reflexionar e divulgar estes vínculos”.
As actividades comenzarán o sábado a partir das 11.00 horas, co relatorio “O mar e as nosas letras”, de Malores Villanueva. Ás 12.00 horas será a presentación de “Uralita”, no que intervirá a súa coautora, Iria Pinheiro, e a poeta Oriana Méndez.
A premiada poeta bueuesa Míriam Ferradáns, que ademais é natural do lugar de Bon, impartirá a partir das 16.00 horas o primeiro dos dous obradoiros nos que participará, baixo o título de “Se o noso amor e os peixes”, dirixido ao público adulto. Deseguido haberá unha nova conferencia titulada “Ondas do mar de San Mamed”, por Pilar Lorenzo.
Ás 18.00 horas a poeta Antía Otero será a encarga de guiar o segundo dos obradoiros poético da xornada, “Travesía de ‘Catro a catro’. Un obradoiro de poesía para ceibar o mar”, vencellado ao poemario de Manuel Antonio e dirixido a mozos de entre 15 e 18 anos.
O último dos relatorios da primeira xornada será ás 19.00 horas, con Anxo Angueira e “Rosalía quere ver o mar”. E peche das deste primeiro día será cun recital poético no que intervirán Estíbaliz Espinosa, Oriana Méndez e Marilar Aleixandre e cunha regueifa mariñeira con Lupe Blanco e Kike Estévez.

O cartel das xornadas "Id' a San Momed". / Fdv
As xornadas “Id’ a San Momed” volverán a retomarse o domingo a partir das 11.00 horas cun relatorio titulado “A pipa e o mar”, con Xosé Luis Axeitos. Ás 12.00 horas será a presentación de “Clepsidras”, na que intervirá a súa autora, Inma López Silva, e o crítico literario Armando Requeixo. Antía Otero voltará co obradoiro “Travesía de ‘Catro a catro’. Un obradoiro de poesía para ceibar o mar”, esta vez dirixido ao público adulto.
O seguinte relatorio, ás 18.00 horas, estará centrado noutro dos grandes autores galegos cunha forte impronta do mar: o cangués Bernardino Graña, “o poeta do mar”. O encargado de falar será un dos maiores expertos na súa obra, o profesor e crítico literario Héitor Mera. Tamén ás 18.00 horas será o segundo un obradoiro impartido por Míriam Ferradáns. Esta vez levará por título “Mariñeiros de Cangas, meus amigos”, dirixido a mozos de entre 15 e 18 anos.
O último relatorio da xornada será a cargo de Antonio Reigosa, titulado “O mar na tradición oral galega”, ás 19.00 horas. As primeiras xornadas "Id' a San Momed" concluirán cun recital poético, ás 20.00 horas, con Ismael Ramos, Carlota Corredoira e Daniel Costas, e cun concerto de Tino Baz, ás 21.00 horas.

A presentación concluíu cun aperitivo para os asistentes. / Fdv
Os responsables de Os Arquivos das Trasnas, Daniel Chapela e Beatriz Pereira, apuntan que todas as actividades son abertas e gratuitas. Non fai falla inscripción previa, salvo no caso dos obradoiros, nos que é necesario anotarse ao través do enderezo electrónico oarquivodastrasnas@gmail.com (antes das 23.59 horas do 10 de xuño).
O acto de presentación de hoxe contou coa presenza de representantes de diferentes colectivos sociais da vila, membros da corporación e do párroco de Bueu e Beluso, que non puxo impedimentos para que as xornadas se celebrasen no emblemático adro de San Amedio.
Para animar á asistencia e favorecer a que os asistentes queden no lugar o Bueu Atlético de balonmán colocará unha barra na que se poderán mercar bebidas e comida durante toda a fin de semana. Entre as colaboración tamén destaca a da Librería Miranda, que disporá dun posto no que se ofrecerá un amplo repertorio de poemarios galegos e haberá sinaturas de libros.
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- Sufre una vía de agua al chocar con una batea y acaba varado en la playa de Barra
- Un velero de Portugal, encallado en la ría de Aldán
- El Darbo más Ye, yé
- El accidente que acabó con la vida de 'Michel' en Cangas sigue sin juicio casi dos años después
- Cangas aguarda por la devolución del material para balizar esta semana sus 20 playas principales