Un domingo para honrar ás letras e aos templos da cultura

A visita á antiga salazón de Mourisca, organizada polo Museo Massó. | GONZALO NÚÑEZ / Fran G.Sas/David García
Fran G. Sas/David García
Domingo de cultura o que viviu onte O Morrazo. Xuntáronse os últimos actos arredor das Letras Galegas co Día Internacional dos Museos no que A Mangallona tivo as portas abertas, visitas guiadas e moitas actividades.

Antía Yáñez e Miguel Sande levaron os Premios Johan Carballeira. | G.NÚÑEZ / Fran G.Sas/David García
Bueu adicou a xornada ás letras e ao idioma propio. Pola mañá celebrou a gala de entrega dos Premios Johan Carballeira, dotados con 1.500 euros, nun acto amenizado pola música da cantautora Sheila Patricia, que puxo notas a varios poemas de Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado este ano pola Real Academia Galega.

Un momento da actuación de Os Mulos en Meiro. / Fran G.Sas/David García
Miguel Sande recibiu o galardón na categoría de poesía polo “Brinde e desespero”. O autor explicou que o poemario é un canto ao día a día, aos detalles cotiáns, e destacou que “este certame ten moito prestixio, como demostran a cantidade de traballos que se presentan ano tras ano e a nómina de gañadores destas 25 edicións”.

A homenaxe ao artista Acisclo Manzano, na Mangallona. / Fran G.Sas/David García
O Johan Carballeira na categoría de xornalismo foi para Antía Yáñez por “A saúde mental en Galicia, en bragas”. Un texto no que tratou de plasmar “unha crónica das cousas que vivira eu mesma ao longo dos anos e que complementei con profesionais e pacientes”.

O interior da Casa Museo A Mangallona, de Camilo Camaño. / Fran G.Sas/David García
Xa pola tarde, na aldea de Meiro, a Asociación Veciñal A Morada despediu a semana das letras cun recital poético, a música de Os Mulos e Palleta Mollada e a presentación do libro “Peroxo. Un rapaz de aldea”, de Luís Chapela.
Co gallo do Día Internacional dos Museos, a Casa A Mangallona vestiuse de longo con varias visitas guiadas por todo o conxunto e, pola tarde, cunha distinción e descuberta dunha obra do escultor Acisclo Manzano. O propio Luís Chapela recitou un poema escrito para a ocasión co título “Primaveira no carballal de Coiro”.
O Museo Massó de Bueu leva todo o mes organizando actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museos e onte fíxose unha visita á antiga e restaurada salazón de Mourisca, na que participaron unhas 70 persoas. Primeiro foron recibidas no propio Museo Massó, onde recibiron unha explicación sobre a actividade da salga. Logo desprazáronse en autobús e coches particulares ata a salazón situada ao pé da praia de Mourisca.
Alí o guía explicou o proceso para a salgadura do peixe, que incluía o desembarco, a salmoura nos pilos durante un periodo de entre quince días e un mes, o posterior lavado con auga doce e finalmente o prensado coas prensas de macho. Os visitantes puideron comprobar as enormes dimensións dos pilos da salazón, nos que se estima que collían entre 80.000 e 100.000 sardiñas, e o perfecto estado dos machos.
Suscríbete para seguir leyendo
- El cuento de una abuela de Cangas a su nieto
- El arte se abre paso en el mercadillo de Bueu
- A algunos había que triplicarles el recibo de la basura
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- Apenas 44 pisos de la comarca están en alquiler y solo tres bajan de 500 euros
- Las Illas Atlánticas superan (otra vez) las 500.000 visitas y Bueu exige convocar la Mesa por Ons
- La vieira vuelve a la lonja de Bueu después de cinco años con abundancia y calidad
- Costas tramita la ocupación de DPMT para la humanización del vial da Praia