A comarca prolonga o seu amor ás letras

Desfile dos grupos folclóricos polo pavillón ante o público asistente.   | GONZALO NÚÑEZ

Desfile dos grupos folclóricos polo pavillón ante o público asistente. | GONZALO NÚÑEZ / Fran G. Sas

O Morrazo segue a festexar as Letra Galegas con eventos ao longo de toda a fin de semana. Onte o pavillón de Reibón, en Moaña, encheuse de música e danzas tradicionais grazas a un festival protagonizado polas sete agrupacións folclóricas do municipio. O evento trasladouse a este recinto deportivo ante a ameaza de choiva. No centro sociocultural de Cela (Bueu), pola súa banda, sucedéronse representacións teatrais, premios do concurso de microrrelatos e debuxo e a actuación de Retrouso. Hoxe continúa a actividade na Casa da Aldea de Meiro e coa entrega dos Premios Johan Carballeira.

Galicia festexou o pasado martes 17 o Día das Letras Galegas, pero os actos arredor da cultura e do idioma propio non remataron entón na comarca, e os concellos e colectivos de distinto tipo prolongan ao longo de toda a semana as súas actividades. Onte houbo un auténtico rebumbio folclórico en Moaña que non apagou nin a ameaza de choiva. No centro sociocultural de Cela, en Bueu, houbo espazo para o teatro e a literatura.

Actuación de Gaiteiros de Moaña.   | // GONZALO NÚÑEZ

Actuación de Gaiteiros de Moaña. | GONZALO NÚÑEZ / Fran G. Sas

O evento máis concurrido comezou ás 19.00 horas no pavillón moañés de Reibón. Ata sete agrupacións folclóricas, todas as que teñen actividade no municipio, actuaron. Tiñan previsto protagonizar un vistoso desfile entre a estatua adicada aos mariñeiros e o Palco da Música, amosando pola Alameda os coloridos vestidos folclóricos. Pero o risco á choiva obrigou a última hora a desprazar a loxística cara ao pavillón deportivo, evitando así suspensións a medio festival.

O teatro, onte, no centro cultural de Cela fixo as delicias de pequenos e pais.   | // FDV

O teatro, onte, no centro cultural de Cela fixo as delicias de pequenos e pais. | // FDV / Fran G. Sas

No novo emprazamento cada agrupación amosou unha parte das danzas e músicas propias de Galicia, salientando o bo momento de forma que presenta este tipo de cultura en Moaña.

A agrupación cultural e folclórica Meiramar-Axóuxeres, da parroquia de Meira, puxo en escena moito do aprendido durante as súas décadas de experiencia. As seguintes en tomar o escenario foron as integrantes do colectivo folclórico Charaviscas, de Domaio. Tamén desta parroquia acudiron as Cantareiras Arco da Vella, que suman a varias xeracións de mulleres co obxectivo de recuperar as letras e os ritmos propios do país.

Un momento do desfile en Moaña.

Un momento do desfile en Moaña. / GONZALO NUÑEZ

A Agrupación Foclórica Breogán amosou despois por que leva tantos anos de traxectoria musical, igual que a Agrupación Folclórica e Cultural Solaina. As pandereteiras do grupo Salgharitas, o de máis recente creación, tampouco faltaron a esta cita.

Outro momento do desfile.

Outro momento do desfile. / GONZALO NUÑEZ

Moaña conclúe os seus actos arredor das Letras Galegas hoxe, ás 12.30 horas, cunha actuación no Palco da Música da Banda de Música Popular Airiños do Morrazo, despois dun pasarrúas polo paseo marítimo, se o tempo o permite.

Os grupos folclóricos de Moaña antes da actuación.

Os grupos folclóricos de Moaña antes da actuación. / GONZALO NUÑEZ

En Bueu, pola súa banda, a Asociación Cultural Costumes de Cela organizou onte un festival na parroquia, coa representación teatral de “Sabela e o paxaro máxico”, a cargo da compañía Tarabelos Teatro. O evento serviu para entregar os premios do concurso de microrrelatos e de debuxo. A xornada rematou coa actuación do grupo tradicional Retrouso e con xogos populares para os cativos.

Aplausos no desfile moañés.

Aplausos no desfile moañés. / GONZALO NUÑEZ

Premios Johan Carballeira

O Concello de Bueu organiza hoxe, ás 12.00 horas, a gala de entrega dos premios Johan Carballeira, con Sheila Patricia no acompañamento musical. No Centro Social do Mar, Miguel Sande levará o premio na categoría de poesía e Antía Yáñez na de Xornalismo.

Tamén hoxe, a Asociación Veciñal A Morada organiza actos na Casa da Aldea de Meiro ás 19.00 horas. O escritor Luís Chapela presenta o seu libro “Peroxo. Un rapaz de aldea”. Despois terá lugar un recital poético con micro aberto seguido da actuación dos grupos locais Palleta Mollada e Os Mulos. A noite rematará cuns petiscos.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents