Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A poesía de Gurriarán e o teatro para festexar a cultura galega en Domaio

Un momento do recital de poesía no Centro Rosalía de Castro. | S.A.

O Día das Letras Galegas de Moaña tivo o seu epicentro cultural na parroquia de Domaio. Alí organizouse un festival de exaltación da cultura galega que comezou cun recital das integrantes de Charaviscas Teatro, o grupo teatral da asociación folclórica e cultural e que dirixe a recoñecida actriz moañesa María Salgueiro. A propia directora escolleu versos de diferentes poemas de Florencio Delgado Gurriarán de xeito que semellaban unha obra única. Unha decena de integrantes do grupo recitaron os poemas, cunha presenza feminina case total.

A peza teatral cos actores Loli Calvar e Carlos Cerviño. | D.C.

Despois a poesía deu paso á arte dramática, coa representación da obra “Nunca sabes o forte que es”, de O Piollo Teatro. Dirixida por R.S. Saída, a obra enmárcase no confinamiento durante os primeiros meses da pandemia. Un matrimonio ten que convivir moitos días xuntos e pasan por fases de enfado ou de risa. Para entreterse deciden crear a súa propia obra de teatro. Os actores Loli Calvar e Carlos Cerviño foron os protagonistas da peza.

A programación arredor das Letras Galegas comezou o 9 de maio en Moaña. Mañá segue co Rechouchío infantil en Quintela a cargo de Trémola Teatro. O sábado, no Palco da Música, celébrase un festival con todas as agrupacións folclóricas da vila.

Compartir el artículo

stats