O Concello de Moaña inicia a súa programación infantil Rechouchíos para as últimas semanas do ano académico. Culminará cun concerto ao aire libre, no parque da Xunqueira, o 17 de xuño ás 18.00 horas a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Os edís de Igualdade, Normalización e Cultura.

Co patrocinio do programa da Xunta “Ler conta moito” as actividades comezan hoxe mesmo na axencia de lectura de Domaio, ás 18.00 horas co contacontos “Censor de monstros” de Barafunda. O venres 13 a biblioteca de Tirán acolle o contacontacontos “No camiño”, de María da Pontragha. O xoves 19 será o Rechouchío sobre as Letras Galegas na Sala Celso Parada de Quintela e o 20 de maio o mesmo espazo acollerá o contacontos “Mundos contados”, de Talía Teatro.

Musicarte devolverá as actividades a Domaio con “O Titiribaile” o 27 de maio. En Quintela o 3 de xuño escoitarase “O arquivo do chibo” e o 10 de xuño actuará o músico Magín Blanco.