Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Premio Johan Carballeira distingue un artigo de Antía Yáñez sobre saúde mental e pandemia

A reunión do xurado, esta tarde en Bueu. | // SANTOS ÁLVAREZ

O xurado do XIX Premio Johan Carballeira de xornalismo premiou o artigo “A saúde mental en Galicia, en bragas”, de Antía Yáñez e publicado na revista Luzes. Os integrantes do tribunal destacan que o texto “vincula o persoal e o político, pois parte dunha vivencia propia entroncando coas opinións de profesionais e doutros doentes de forma fluída”. O galardón está dotado con 1.500 euros e a súa entrega, xunto ao de poesía, será durante a semana das Letras Galegas.

A reunión do xurado coincidiu coa conmemoración do Día Mundial da Liberdade de Prensa e no seu fallo suliña que a crónica de Yáñez serve para “visibilizar o tema das enfermidades mentais, de urxente atención e agravadas pola pandemia, e da problemática que supón ter que enfrontarse a un profesional diferente cada vez que se abre a porta da consulta”.

Compartir el artículo

stats