Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Falando de Antía Cal

Fernando Quintela, presidente da Fundación Alexandre Bóveda; a súa dona, Lolita Gallego, Antía Cal e Loliña Chamadoira en Pedre (Cotobade).

Coñecín a Tita un día de comenzos do mes de Santa María cando  levei a nosa filla Susana, de tres anos, á escola Rosalía Castro, na Gran Vía. Daquela, os nenos de parvulario, na quela escola,  adiantaban un mes a entrada para acostumarse cando comenzaran as clases para tódolos rapaces.

Endexamais escoitei a ninguén, a ningún orador, falar como o facía Tita. As reunión de país, para min eran un lecer. Escoitala naquel fermoso castelán que tanto dominaba, facía que eu non sentira pasalo tempo, tendo mágoa cando se chegaba ó remate.

Antía falaba un galego impecable do mesmo xeito que un castelán limpo e escollido. A verba xusta era a que ela tiña sempre preparada, froito da habilidade dialéctica xunto cunha cultura amplísima e un estudo fondo como alicerce.

Botabamos horas e horas de conversa, vencelladas pola paixón pola poesía, a pedagoxía, a psicoloxia , as estratexia da aprendizaxe, a escola , os nenos, a fin.

Nas vacación de Nadal, ás vegadas, iabamos a Melgaço coa miña amiga Juana, ó solpor naquel recuncho luso onde a terra semella a proa dunha nao sobor do Miño que discurre  entre as serras devalecentes, cara o Oeste, mentres os montes portugueses tiñan neve nos seus cumios. Juana e eu cantabamos e bailabamos na rúa. Ela, sentada nun banco do paseo miñoto, víanos e lecía. Un día daqueles pidiunos que cantaramos “Islas Canarias”; era una peza que lle traía lembros da súa mocedade con Antón Beiras, o seu grande amor.

Á metodoloxía de Tita, teño que agradecerlle que as miñas fillas medraran ledas, ceibes e queridas naquela escola. Coido que a débeda é ainda maior si imos o eido profesional meu. Moito deprendín alí para as vindeiras escolas polas que traballei de mestra!

Tita foi para min, acobillo, consello, esparcemento, ledicia, paz, amizade fonda e riseiras e gargalladas  nas longas estadías serodias compartidas.

Ficará na miña memoria adobiada polos  versos de Curros a Rosalía : “Ai, dos que levan na fronte unha estrela; ai, dos que levan no bico un cantar”.

A súa pegada e o seu lembro vivirá comigo mentres eu viva.

Agasallos da vida, terche coñecido , Tita.

(*) Poeta de Cangas

Compartir el artículo

stats