O poeta e xornalista Miguel Sande é o gañador do XXV Premio Johan Carballeira de Poesía, que se fallou esta tarde en Bueu. O xurado decidiu premiar o seu poemario “Brinde e desespero”, do que destacou a súa aposta pola prosa poética e por “romper con éxito a tensión entre pensamento e sentimento”. Nesta ocasión presentáronse ata 57 textos ao galardón que concede anualmente o Concello de Bueu.

O tribunal reuniuse esta tarde no Concello de Bueu e estaba formada por unha das gañadoras da anterior edición, Xandra Táboas; polo profesor e crítico literario Manuel Forcadela; e o crítico e editor César Lorenzo. No seu fallo suliñan que “Brinde e desespero” parte da “autofición para presentar unha lectura sobre o cotián desde o ángulo do inesperado”, unha realidade que “fala por sí mesma, cunha expresión formal contida”.

Aproveitando a reunión do xurado, a Concellería de Cultura aproveitou para organizar o acto de presentación da edición do poemario gañador na edición do ano pasado, “Dou aulas de ioga por videoconferencia”, de Xandra Táboas e Adriam Mosqueira.