Concerto de Alberto Cunha en Bueu para celebrar o Día da Poesía

REDACCIÓN

O Concello de Bueu organiza este sábado un concerto no Centro Social do Mar con motivo do Día da Poesía e contará coa actuación do cantante Alberto Cunha. O espectáculo titúlase “Escolma aberta” e supón unha combinación de entre música, poesía e pintura para homenaxear a cultura galega. Será ás 20.30 horas e a entrada será gratuita, ata completar o aforo.

A actuación durará uns 90 minutos e Alberto Cunha interpretará doce temas baseados en recoñecidos poemas galegos, como “Mentres eu peno” e “Campanas de Bastabales”, de Rosalía de Castro; “Camiño longo” e “A Rosalía de Castro” de Ramón Cabanillas; “Moraima” e “Monólogo do vello traballador” de Celso Emilio Ferreiro; ou “Volvín a terra pro perdín o amor”, de Bernardino Graña. O espectáculo comezará cun limiar do poeta vigués Antonio García Teijeiro e incluirá ilustracións de Ramón Trigo.

Tracking Pixel Contents