Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Victoria portas mariño nnficha personal | Alcaldesa de Cangas

“Non me arrepinto de nada; sinto non conquerir que as forzas da esquerda remásemos xuntas”

Victoria Portas, no balcón do Concello de Cangas. | // GONZALO NÚÑEZ

Poucos saben se Victoria Portas decidiu "fichar" cun ollo posto na alcaldía de Cangas ou mesmo se alguén llo ofreceu, pero chegou a ese tormentador que é a cadeira municipal para convencer co seu traballo. Pero un goberno totalmente minoritario dificulta a súa tarefa no medio dunha loita política que xa non agocha os sables. Consciente de que non hai forma de que unha moción de censura acabe co seu mandato ou co seu goberno en minoría, confía na súa capacidade de traballo. Acosada dende a dereita e cunha esquerda dividida que está na súa contra, Victoria Portas insiste en que están abertas as portas para ampliar o goberno, pero que a estas alturas ninguén quere facelo.

–Vaise cumplir un ano ao frente da Alcaldía de Cangas, que balance fai da súa xestión?

–Positivo, a pesar das dificultades pero con traballo conseguimos ir liquidando moitos obstáculos e seguiremos adiante sen descanso

–De que se arrepinte?

–Máis que arrepentirme o que sinto é non conseguir que todas as forzas de esquerdas remasemos hacia a mesma dirección para que Cangas avance.

–Co paso do tempo segue pensando que foi acertado cesar aos edís socialistas? E non me diga que só cesou a dous.

–O sinto pero a verdade, soamente cesei a dous. As outras dúas concelleiras socialistas dimitiron.

Non me quedou máis remedio. Non solo por neglixencia en Rodeira, esto solo foi a gota que colmou o vaso. Había unha perda de confianza porque tanto o de Rodeira como outros asuntos se xestionaron as miñas espaldas..

–Comenzou o seu discurso de investidura como alcaldesa querendo diferenciarse do seu antecesor no cargo, que facía pouco que morrera. Que prisa tiña? Xa había diferencias entre EU e o grupo que supostamente lidera o se compañeiro Mariano Abalo?

–Como persoa independente, o único que deixei claro e que iba a ter unha posición propia na defensa dos intereses públicos do pobo cangués. Como en todo tipo de actuacións, as diferencias e a pluralidade non é algo negativo, todo o contrario, enriquece, e sempre mantendo unha línea donde NON se perdan criterios de goberno de esquerdas.

–Fixo esforzos para buscar un goberno máis amplo ou vostede e Abalo prefiren esta fórmula monocolor pensando no futuro?

–Ninguén desexaría gobernar nun concello con só 4 concelleiros . Eu reiterei en moitas ocasións a miña máis sinceira disposición para que as forzas de esquerdas se integrasen no goberno, e nunca pecharei a porta a esa posibilidade. Si outros grupos políticos queren xogar a aquelo de que canto peor mellor para eles, pois alá eles. A única que perde é Cangas e a súa veciñanza.

–Por que non é valente para permitir que o concellal Adrián Pena, que entrou para sustituir o finado Xosé Manuel Pazos, deixe seu cargo? Vostede sabe mellor que ningúen que non exerce. Foi mala sorte, pero é unha realidade, non?

"Tomaréi a decisión de volver a optar a Alcaldía cando toque"

decoration

–Parécenme lamentables os ataques Adrian. Creo que deberían existir límites en política. Eu non teño que permitir nin deixar de permitir. Obviamente a sua é unha decisión persoal e intransferible. O foi desde o primer momento. É un concelleiro sen liberación e atende o seu cargo cando pode, polo que lle estamos agradecidos.

–Dende fora, os veciños teñen a sensación de que ocupa máis tempo en guerras políticas que en gobernar.

–Tería que preguntarlle aos veciños, colectivos e persoas ás que a diario atendemos e damos solución as súas demandas. Non temos tempo para guerras políticas, iso é o que queren ver facer outros para sacar rédito político. Como é normal, non é fácil chegar a todo porque só somos catro traballando e moitos poñendo pedras no camiño para desgastarnos, pero seguiremos na nosa función de xestión pública para alcanzar os obxetivos marcados.

– Segue sen explicar o das facturas da promoción turística de Cangas nuns medios descoñecidos de A Coruña.

–Xa foi explicado, pero algún non quere escoitar. Os gastos están xustificados e acreditados sobradamente, e non ocurre nada diferente do que se leva a cabo en outras lexislaturas anteriores en outros concellos.

–Que lle ocupa tanto tempo na Alcaldía?

–Todo, recordade que en febrero realizarei un ano, e o traballo é moito e moi diferenciado e para min ningún tema é menos importante que outro. É tan importante levar a cabo proxectos, como oir a veciñanza e arreglar as pequeñas cousas do día a día. Pediuse participación a veciñanza nas demandas, e agora estamos centrados co seu encaixe unha parte polos orzamentos, e outros na Axuda do Plan Concellos, ainda que sospeitamos que tras tres reunións na que PP e PSOE non quixeron participar, prevalecerá o básico interés político antes que o interés xeral, facendo que Cangas perda axudas moi cuantiosas de inversión que son moi necesarios para un concello con plan de axustes.

Victoria Portas en el despacho de la Alcaldía. Gonzalo Núñez

"Amo ao municipio de Cangas por enriba de todo, algún día contarei a historia que está detrás, e nesa línea quero traballar. Estou en elo"

Victoria Portas - Alcaldesa de Cangas

decoration

–Cales son os seus principais obxectivos en este ano e medio que queda para as novas eleccións muncipais?

–Como dixen, a nova infraestructura sanitaria é a miña prioridade porque dela beneficianse toda a veciñanza de Cangas, o que esté na miña man quedarán feito. Tamén o de conseguir unha bolsa de vivendas sociais , xa que as familias con menos ingresos o teñen moi difícil para alugar no noso concellos e eles teñen dereito de vivir donde naceron e que lles demos tamén unha oportunidade. Xa en marcha o cambio de todo o alumeado público do concello a LED. Eso suporá un aforro enerxético de 1.909.227 kwh/ano que en cartos é 273.783 €. Tamén en marcha cambio de iluminación a LED da Escola Infantil de A Choupana, Escola Infantil do Hio e Centro SocioComunitario (antiga casa do Mar). Todo isto axuda a que durante este 2022 poidamos actuar, grazas ao aforro que se vaia producindo, en máis instalacións municipais (as escolas, pabellóns, campos de fútbol, centros sociais…etc). Atender as demandas veciñais (moitas delas enfocadas no plan concellos e nas primeiras líneas do orzamento), que para iso estamos ao seu servizo. Recuperar para Cangas espazos como as Naves de Ojea, humanizar e dar prioridade a veciñanza (como o Pmus en Marcha, recuperación das dunas de Liméns e Senda Costeira, recuperación dos Paseos fluviais, obras de sanemaneto para limpar a nosa ria, camiñar na consecución do ENIL de Punta balea tamén en camiño) en definitiva darlle unha oportunidade ao maior tesouro que ten Cangas a nosa contorna natural. Apoiar aos sectores productivos (pesca artesanal, comercio, hostelería..) para que por eles mesmos xeren emprego de calidade, (xa en marcha a xeración do grupo de traballo do producto local, tamén o proxecto do núcleo de desenvolvemento que pronto compartiremos cos colectivos afectados e así chegar mediante axudas ). Ser parte actia da Mancomunidade do Morrazo para conseguir xestionar con mellor eficacia o servizo do lixo, (pronto teremos xa a recollida porta a porta da hostelería, xa presentada a subvención para implementar o quinto contedor no concello…) e que desde a propia Mancomunidade poidamos levar a cabo grandes proxectos que de forma individual sería imposible e que perderían o significado do Morrazo como comarca ( actuacións e Turismo e outras acción). Os anteriores proxectos a curto prazo pero que precisan tamén os proxectos a longo prazo perfectamente asumibles e xa con unha folla de ruta pero que para acadar tense que ter un respaldo do pobo de Cangas para poder acadalos.

–Presentarase como candidata a Alcaldía de Cangas nas próximas eleccións muncipais? Pero, non me diga que depende de si unha asamblea a a elixiie ou non?

–O noso , o de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) , é un proxecto colectivo e por iso me debo a colectividade. Tomarei a decisión no momento que toque, e igual que a vez anterior, porei a Cangas e a Esquerda por riba de todo.

“A modificación puntual na Rúa non se apoia porque antepoñemos o interese xeral ao particular”

–Dígame a verdadeira razón pola que non acepta a modificación puntual en A Rúa para conseguir terreos de balde para un novo equipamento sanitario. –Pois por unha razón fundamental para unha política de esquerdas: porque antepoñemos o interese xeral ao particular, e baixo esa óptica cristalina tomamos as nosas decisións e establecemos as estratexias. Si estas decisións poden tomarse en consonancia con lexítimo interés particular, mellor. E así llo trasladei a empresa que a solicitou. A miña prioridade é a Infraestructura Sanitaria para toda a veciñanza e a Xunta determinou que donde a levaría a cabo sería ahí. Neste intre podemos ter para esa Infraestructura Saniaria de 30.000 metros mediante a xestión dun Plan Especial para ese ámbito, mentras que a modificación soamente nos aportaba malamente 4.000 metros. A diferencia é mais que evidente –Cangas leva cinco anos esperando por un novo equipamento sanitario, co que xa contan outros muncipios. Non lle parece demasiado tempo? –Lévase máis de 5 anos pero con pasos firmes e con unha proposta conxunta agora si se está camiñando nesa dirección. Si seguimos remando rematará o mandato con pasos visibles de esa Infraestructura sanitaria.

–Por que non é valente para permitir que o concellal Adrián Pena, que entrou para sustituir o finado Xosé Manuel Pazos, deixe seu cargo? Vostede sabe mellor que ningúen que non exerce. Foi mala sorte, pero é unha realidade, non? –Parécenme lamentables os ataques Adrian. Creo que deberían existir límites en política. Eu non teño que permitir nin deixar de permitir. Obviamente a sua é unha decisión persoal e intransferible. O foi desde o primer momento. É un concelleiro sen liberación e atende o seu cargo cando pode, polo que lle estamos agradecidos.

–Tería que preguntarlle aos veciños, colectivos e persoas ás que a diario atendemos e damos solución as súas demandas. Non temos tempo para guerras políticas,iso é o que queren facer ver outros para sacar rédito político. Como é normal, non é fácil chegar a todo porque solo somos catro traballando e moitos poñéndonos pedras no camiño para desgastarnos pero seguiremos na nosa función de xestión pública para alcalzan os obxetivos marcados. .

Compartir el artículo

stats