Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Félix Juncal | Alcalde de Bueu e novo presidente da Mancomunidade

“É hora de dar un paso ao fronte para mellorar o servizo do lixo, hai que actuar con valentía”

Félix Juncal recolle simbolicamente esta mesma semana o relevo ao frente da Mancomunidade do Morrazo de parte da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos. | // GONZALO NÚÑEZ

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, comeza o ano cun novo cargo: presidente da Mancomunidade do Morrazo. Os estatutos do ente supramunicipal fixan unha presidencia rotatoria cada dous anos entre os concellos e ao rexedor bueués tócalle asumiro mando por cuarta vez. O futuro da Mancomunidade vén marcado polo proceso para remunicipalizar o servizo de recollida e tratamento do lixo, un contrato que se vén prorrogando nos últimos anos á espera de concretar como será a recuperación da xestión directa.

–Como asume de novo o cargo de presidente da Mancomunidade do Morrazo?

–Con moitas ganas e ilusión, sendo consciente da situación precaria na que está o servizo de recollida do lixo, pero convencido que o traballo dos últimos anos dará o resultado agardado nos vindeiros meses.

–Vostede era presidente da Mancomunidade naquel xa lonxano ano 2004, cando Urbaser abandonou servizo. Agora volta a asumir o cargo coa mesma empresa e cun cambio de modelo á vista. A remunicipalización é un camiño sen marcha atrás ou as conclusións dos informes poden ir noutro sentido?

–Se queremos conseguir que o servizo se preste nunhas condicións diferentes ás que se ven prestando ata agora é preciso experimentar novos modelos de prestación, que permitan ter un coñecemento rigoroso e a tempo real de todo o que sucede na súa prestación. É hora de de dar un paso ao fronte, actuando con valentía e convicción. Resulta fundamental agardar ao informe para que, o que algún vimos dicindo e defendendo nos últimos anos, se poida confirmar.

–Cómo prevé a relación durante estos meses con Urbaser, sobre todo cando existe a percepción de que o servizo de recollida empeorou desde a marcha de Recolte?

-Seguro que será unha relación absolutamente normal, dentro dun período de provisionalidade temporal. Sabemos que os medios dos que dispoñemos no servizo non son os mellores, que precisamos incorporar novos vehículos, renovar o parque de contenedores, planificar o funcionamento do servizo para a súa optimización. Estas son, entre outras funcións, ás que xa está desenvolvendo a xerente da Mancomunidade.

–A vontade política dos concellos é a recuperación do servizo, pero contrasta coas dúbidas e reticencias dos técnicos da Mancomunidade. Como se poderán conxugar esas dúas visións?

–Son visións complementarias, porque complementarios son os papeis que cadaquén ten asignado. O papel dos técnicos é de asesorar, informar e tramitar; o papel dos responsables políticos é de tomar decisións, confiando que estas sexan as acertadas en cada caso.

–En que melloraría o servizo cunha xestión directa por parte da Mancomunidade do Morrazo?

–Estou seguro que melloraremos en eficacia, así como nunha resposta máis rápida ás incidencias e diferentes situacións que poidan xurdir no día a día.

Non cabe dúbida que será todo un reto persoal para as Alcaldías, e estamos dispostos a asumilo.

–Que significará para os veciños esa hipotética recuperación do servicio?

–Unha expectativa diferente, un tempo novo no que iremos cambiando a realidade dos últimos anos, e no que será imprescindible un cambio de actitude e comportamento da cidadanía…

–E para a actual plantilla?

–Certidume e unha relación directa coa Mancomunidade.

–O cambio no modelo de xestión, pasando a unha municipalización, diría que é trascendental. Pode adoptarse sen que sexa votado na asamblea?

–No marco do traballo da comisión, da que forman parte os técnicos da Mancomunidade, recollerase cal debe de ser a tramitación, pero entendo que o órgano competente é a Xunta da Mancomunidade, salvo que esté equivocado. En todo caso, sexa como asunto singular, ou no marco da tramitación dos orzamentos necesarios para darlle cobertura a un gasto que non está previsto na estructura orzamentaria actual, será motivo de debate.

–Desde o PP xa mostraron a súa disconformidade con ese hipotético cambio. Entende que hai unha maioría suficiente para impulsar unha medida deste calado?

–A posición de cada grupo é importante, como importante é que cada grupo aporte e explique as súas propostas de forma detallada, rigurosa e completa. É tempo de avanzar, levamos moitos anos imbuidos nun debate continuo estéril, sen afondar no realmente relevante e xa vai sendo hora.

–O prezo da taxa sempre estivo en discusión. Obviamente, para os veciños calquera subida non é benvida, mentras que a lei e os técnicos din que a taxa debe cubrir o coste do servizp. Prevé que podan producirse subas no prezo que pagan os cidadáns?

–Lamentablemente como en calquer ámbito da vida hai mantras que están moi extendidos e temos o deber de atallar. Temos a necesidade de determinar con rigor o custe real do servizo, comprobar si realmente e ata canto é deficitario o servizo, e a partir de aí aplicar a normativa.

–Dalguna maneira supoño que é consciente do alto risco político desta decisión. Sobre todo cando queda apenas ano e medio para as próximas elecciones municipales. Teme as posibles repercusións?

–Hai unha máxima que non podemos obviar: a peor decisión é a que non se toma. Non podemos permitirnos deixar pasar o tempo sen tomar as decisións necesarias, pensando no custe ou repercusións que poidan ter. A cidadanía demanda, cada vez máis, persoas ao frente das institucións responsables e comprometidas coa mellora dos problemas que haxa.

-Ao final parece que a Mancomunidade só se coñece pola xestión da basura, pero ten máis competencias, como o turismo ou a limpeza de praias. Cales serán as prioridades neses ámbitos?

–Déronse pasos importantes nos últimos anos coa vocación de compartir máis espazos de xestión, de cogobernanza que hoxe está tan de moda, e nos vindeiros se irán concretando en diferentes áreas, entre as que estarán ás que acaba de referirse.

Compartir el artículo

stats