Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O BNG de Cangas pide diálogo e consenso para o Plan Concellos e o orzamento 2022

Insta ao Goberno local a convocar aos grupos para negociar propostas

Mercedes Giráldez voceira do grupo municipal do BNG en Cangas.. | // G.N.

O BNG de Cangas ofrece colaboración ao Goberno local para chegar a acordos sobre as actuacións a executar a conta do Plan Concellos, con fondos que reparte a Deputación, así como para elaborar o orzamento do Concello para 2022. A formación nacionalista insta ao goberno á convocatoria urxente de todos os grupos políticos para consensuar eses dous asuntos de especial interese e “garantir a participación directa e transparente de toda a veciñanza canguesa” a través dos seus representantes.

“Logo de ter asinado un acordo co grupo de goberno coas propostas do BNG para o Plan Concellos 2021, e dado os incumprimentos reiterados, este Plan Concellos 2022 non pode ser outro cheque en branco ao goberno local”,sinalan desde a formación que encabeza Mercedes Giráldez. Engaden que as dúas forzas que asinaron o acordo de goberno “non cumpriron, e mesmo algunha delas saíra da sinatura do documento coa convicción de ser papel mollado e xa non é posible crer na súa palabra”.Considera que un goberno minoritario de catro persoas dun total de 21edís electos “non é quen de asumir a xestión dun concello de máis de 26.000 habitantes, e así o están a demostrar coa pouca capacidade de xestión, incumprimentos reiterados dos acordos e ningún proxecto para Cangas máis aló das intencións e de adoptar os programas e ideas doutros para xustificarse”.

Tamén rexeita o BNG “a chantaxe e postureos aos grupos da oposición e a vitimización da súa situación”, e non ven de recibo que asociacións e colectivos sexan convidados a participar con ideas nos orzamentos ou Plan Concellos sen garantías de aprobación e sen un regulamento que garanta unha participación social real e efectiva.

“Poñémonos a disposición do pobo cangués para que goberno e resto da oposición traballen tamén e pechar un Plan Concellos e un novo orzamento no menor prazo de tempo posi ble”, recalcan os representantes do BNG.

Compartir el artículo

stats