Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Míriam Ferradáns adica o Premio Fernández del Riego aos veciños da illa de Ons

Míriam Ferradáns

A poeta e columnista bueuesa Míriam Ferradáns vén de recoller o XVIII Premio Francisco Fernández del Riego de Xornalismo, un galardón que quixo adicar aos veciños da illa de Ons. “Onde hai un cemiterio houbo tribo, comunidade e resistencia. Por iso este premio é para eles e elas, para a xente da illa de Ons”, manifestou.

Desde a directiva da Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons tamén queren amosar os seus parabéns e agradecemento a Míriam Ferradáns polo seu texto e traballo “xa que a nosa historia e indonsincrasia é parte fundamental do artigo premiado”.

No seu agradecemento a poeta bueuesa destaca á comunidade de Ons “por todo o que construiron, constrúen e construirán” e asegura que síntese “afortunada de vivir preto de persoas que loitan pola súa identidade”. Un agradecemento no que tivo palabras especiais para Cesáreo Pérez, un dos veciños senlleiros da illa e que hai uns días perdeu a súa muller.

Míriam Ferradáns presentou o artigo “Dalias. Construír un mito. Observar unha realidade” ao premio organizado por Afundación, que está dotado con 6.000 euros. Ferradáns xa ten gañado númerosos galardóns a nivel literario polos seus poemas e poemarios, como o Premio de Poesía Francisco Añón ou o Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, amais de obter en varias ocasións o primeiro premio do Certame de Poesía Rosalía de Castro que convoca desde hai máis de 30 anos a Asociación Galega de Cornellá.

A autora bueuesa ten publicado os poemarios “Deshabitar unha casa”, “Nomes de fume” e o seu libro máis recente e “Agosto”.

Compartir el artículo

stats