Estampas do Hío: unha ollada ao pasado (I)

Unha vista da aldea de Vilanova en 1931, coa ría ao fondo. | // S.S.M. A UNIÓN / Anxo Coya*
Anxo Coya*
Aos membros da Asociación Cultural “A Cepa”.
Grazas a fotógrafos como Ruth Mathilda Anderson, Otto Wunderlich, Ksado, Jaime Solá, Jaime Pacheco, Ramón Ocaña, Sarabia, Gonzalo Romero e outros moitos que fotografaron ou inmortalizaron gran cantidade de localidades galegas, podemos retroceder no tempo moitas décadas e desfrutar dos costumes, monumentos, profesións, paisaxes, festas, labores agrícolas e unha longa lista de eventos relacionados co patrimonio, tanto material como inmaterial. Algúns destes profesionais pasaron polo Hío e ilustraron esta localidade con magníficas estampas. Porén parécenos oportuno lembrar con fermosas imaxes do pasado século XX a esta parroquia morracense. Percorreremos tódalas aldeas desta parroquia e cada quen dará conta do variado encanto que teñen.

A fábrica de Ameixide, en Pinténs en 1931. | // S.S.M. A UNIÓN / Anxo Coya*
En Donón:
Consideramos que a aldea de Donón é a máis visitada de toda a parroquia polos amantes do turismo e tamén a menos perturbada polo incremento de edificacións que ás veces desvalorizan ou fan desaparecer o valor da arquitectura tradicional galega. Isto débese maiormente ás inmellorables vistas das que podemos gozar e tamén ao castro do monte de Punxeiro, hoxe coñecido como Monte do Facho. Tamén consideramos a Donón como a aldea máis labrega do Hío no que ás terras sementadas se refire e se non nos falla a memoria a derradeira na que existiron os sempre garridos bois.

Veciños de Donón na labranza nos anos 60. | // FAMILIA PADÍN COSTAS / Anxo Coya*
Decidimos, pois, poñer dúas estampas de Donón da década dos 60 e ámbalas dúas con presenza da tracción animal que tanto axudou aos nosos antepasados a sementar os campos. Moitos destas leiras pertenceron á aldea ou Casal de Barra que quedou asolagada pola area alá polo s.XVI.

A aldea de Donón en maio de 1962. | // EL PUEBLO GALLEGO / Anxo Coya*
En Nerga, Liméns, Vilanova e Pinténs:
Para Nerga escollemos dúas instantáneas. Unha relacionada coa celebración do entroido onde se aprecian vivendas e o palco onde tocaban os gaiteiros no Xogho da Bola.

O entroido no Xogho da Bola, en Nerga. | / Anxo Coya*
A outra consta dunha vista de Nerga en 1931, do libro da “Sociedade de Socorros Mútuos A Unión”.

A aldea de Nerga no ano 1931. | // S.S.M. A UNIÓN / Anxo Coya*
Da mesma fonte extraemos outra fermosa imaxe de Liméns cos seus campos cheos de elaborados palleiros, práctica hoxe case desaparecida. Quédalles ás avoas, maiormente, a explicación ás súas netas e netos do que era un palleiro.

Unha vista de Liméns, tamén no ano 1931. | // S.S.M. A UNIÓN / Anxo Coya*
De Vilanova tamén eliximos unha fotografía de 1931 cos seus campos labrados exentos do tan presente “chabolismo” de hoxe. Amosamos na mesma data a Pinténs coa fábrica de Ameixide: nos seus comezos industria de salgado fundada polos irmáns José e Jaime Lluch (Lluque) a primeiros do s.XIX; despois como fábrica de conserva nas propiedades de José Ramón Curbera.
*Veciño do Hío

Anxo Coya
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- La Policía Local de Cangas detiene en una persecución a un individuo al que se le encuentran 13 envoltorios con cocaína
- El moañés afectado por el desplome de un talud de la Autovía sigue con la casa sepultada
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Detenido por violencia de género en Moaña tras discutir y romper el móvil de su pareja
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Agosto se cierra con problemas de barcos en A Borna y de picaduras en A Xunqueira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría