Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Música, humor, teatro e "heavy metal" para o Nadal no Auditorio

Unha representación de “Circo de Nadal”. | // LA FIESTA ESCÉNICA

A Concellería de Cultura e o Auditorio de Cangas veñen de adiantar a ampla programación que ofertará este espazo durante as vindeiras festas de Nadal. Unha oferta con espectáculos variados e para todos os públicos, no que se inclúe teatro infantil, os tradicionais concertos do conservatorio e da escola de música, actuacións de corais e incluso un achegamento a unha das grandes bandas do metal, como Metallica.

O programa especial navideño arrancará xa a vindeira semana, aproveitando o final da ponte de decembro. O primeiro espectáculo será “Os tres porquiños” de Educa Teatro, unha obra dirixida ao público infantil e na que se combinan a música, os contos, a diversión é a palabra.

Un dos clásicos do Nadal no Auditorio de Cangas é concerto que ofrece o alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e da Escola de Música Mestre Inocentes Camaño. Este ano volverá a dividirse en dúas sesións: a primeira será o venres 17 de decembro a partir das 20.00 horas e a segunda será o martes 21, tamén ás 20.00 horas. En ambos os casos trátase dun espectáculo de aproximadamente hora e media, cun marcado acento navideño e con entrada de balde. Na xornada do 17 actuarán a orquestra e os coros, mentras que o segundo dos concertos estará adicado aos máis pequenos e aos primeiros cursos do conservatorio.

Mofa e Befa nunha función de “Dúas pedras no camiño”. | // EXCÉNTRICAS

Entre medias haberá espazo para unha nova visita de Mofa e Befa ao Auditorio de Cangas. Será o sábado 18 con “Dúas pedras no camiño”, un espectáculo que vén patrocinado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Trátase dunha especie de antoloxía dalgúns das pezas máis aclamadas e recordadas dos “clowns” creados por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.

O mércores 22 será o turno da Asociación Cultural Areas Gordas, que ofrecerá un concerto de música coral a partir das 19.00 horas e con entrada de balde. Xusto antes de Noiteboa, o xoves 23 de decembro, haberá un novo espectáculo teatral dirixido aos máis novos. Teatro de Ningures volta ao Auditorio con “O ogrocho”, relato dun pequeno ogro que vive coa súa nai e que empeza a descubrir as súas diferenzas con respecto aos demais nenos cando comeza a ir á escola.

Teatro de Ningures e o seu “O Ogrocho”. | // DIEGO SEIXO

A compañía Educa Teatro voltará ao Auditorio para baixar o pano dos espectáculos do ano 2021 con “O mundo máxico de Pinocho”, unha adaptación musical deste clásico da literatura infantil e contado a través dos ollos de Pepiño Grilo, xunto a fada Mimadriña, Raposo, Gato e o propio Pinocho. O espectáculo será o martes 28 de decembro a partir das 18.00 horas.

O ano 2022 abrirase cunha proposta cercana ao mundo circense. O martes 4 de xaneiro La Fiesta Escénica presentaa partir das 18.00 horas en Cangas “Circo de Nadal”. Trátase dunha viaxe dun neno pequeno e a súa mascota na busca dos regalos perdidos por Papá Noel, unha aventura con acrobacias, efectos especials e animais animatrónicos, entre outros.

A música será a gran protagonisra da recta final da programación navideña do Auditorio. Despois da visitas das Súas Maxestades de Oriente, celebrarase o festival do décimo aniversario do Grupo Trébede, pertencente a Asociación Cultural Peis d’hos. Está previsto para o venres 7 de xaneiro a partir das 21.00 horas.

Un dos concertos “Descubriendo a Metallica”. | // IÑAKI ABELLA

O sábado 8 de xaneiro a partir das 17.00 horas tamén haberá música, pero radicalmente diferente. Dentro do programa “Family sessions metalmania” terá lugar un concerto para que os máis novos podan descubrir algúns dos clásicos da famosa banda Metallica.

As localidades para os espectáculos xa se poden reservar a través da web de ataquilla.com. Os prezos son de 10 euros para “Os tres porquiños”, “O mundo máxico de Pinocho” e “Circo de Nadal”, 12 euros para o concerto “Descubrindo a Metallica” e de 5 euros para “Dúas pedras no camiño” de Mofa e Befa. As entradas tamén poderán mercarse na billeteira do Auditorio de Cangas dúas horas antes do inicio de cada espectáculo.

Compartir el artículo

stats