Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Apertas de buxo para Vázquez Pintor

A homenaxe a Vázquez Pintor, no centro, incluiu intervencións musicais. | // SANTOS ÁLVAREZ

Naceu en Melide, criouse na Golada e bo parte da súa vida pasouna en Cangas, onde ten unha rúa que leva o seu nome. Onte, día de San Andrés, o escritor e mestre Xosé Vázquez Pintor cumpriu 75 anos e para celebralo organizouse un acto de homenaxe no salón de plenos do Concello de Cangas. Alí estaban moitas amizades e veciños para agallasalo e para participar na presentación do libro “75 apertas de buxo irmandadas para Pintor”, que vén de ser publicado por Edicións Fervenza precisamente para conmemorar o seu 75 cumpreanos.

“75 apertas de buxo irmandadas para Vázquez Pintor” é o título do libro que vén de editarse para celebrar o aniversario do escritor Xosé Vázquez Pintor. A referencia á madeira de buxo non é para nada casual. No ano 2008 a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) xa lle brindou a homenaxe “O escritor na súa terra” ao fío do seu nomeamento como socio de honra, un acto no que aproveitou para plantar un buxo. Unha árbore de poucas apariencias e moitos usos, segundo as súas propias verbas. Uns usos que fan que a súa madeira faga que cante a gaita, que asubíen os afiadores ou que tamén fai que cante o traballo das palilleiras de Camariñas como se fose un tamboril, tal como Vázquez Pintor destaca sobre esta madeira tan senlleira.

O Concello de Cangas, aproveitando que onte era o seu 75 aniversario, acolleu unha celebración especial na que se presentou este libro, publicado por Edicións Fervenza. Un libro conmemorativo no que participan 75 persoeiros, escritores, pintores e amigos do escritor e mestre. Uns textos nos que amosan o seu agarimo e afecto cara a figura de Vázquez Pintor. E como non podía ser menos son representantes das súas dúas terras de Melide e Cangas, pero tamén de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Cuntis, A Estrada, Vigo., Moaña ou Bueu.

O acto congregou a numeroso público no salón de plenos de Cangas. | // SANTOS ÁLVAREZ David garcía

Os encargados de exercer como coordinadores deste proxecto editorial e darlle forma a “75 apertas de buxo para Vázquez Pintor” foron tres dos seus grandes amigos: Xoán Carlos Chillón, David Otero e Ángel Utrera.

Palabra e música

A celebración de onte contou con intervencións de Henrique Harguindey, Baldomero Iglesias, Vitoria Martínez, Manuel Boubeta, Carlos Méixome ou Camilo Camaño, pero tamén coa música de Tomas Camacho, Xico de Carinho ou Sara Malvido.

Compartir el artículo

stats