Celso Parada xa é “inmortal” en Moaña

A alcaldesa, a muller de Celso Parada e representantes de Nós, tras a descoberta da placa conmemorativa. | GONZALO NÚÑEZ / Fran G. Sas
“Hoxe Moaña, Cangas e Galicia deben sentirse orgullosas de compartir e celebrar o legado de Celso Parada”. Con esta aplaudida frase rematou Xosé Carlos Villaverde, da Agrupación Cultural Nós, a presentación do caderno “Celso Parada. Sempre en escena”. Foi o primeiro dos actos dunha xornada adicada á memoria dunha das grandes referencias do teatro galego, tristemente falecido en 2019. Sito, como o coñecían os familiares e amigos, é inmortal para os moañeses dende onte, pois o Concello deulle o nome de Sala Celso Parada ao auditorio do centro cultural Daniel Castelao. Foi alí onde estreou, hai agora 30 anos, “Misterio Cómico”, unha obra clave tanto para a súa compañía –Teatro do Morcego– como na súa loita por profesionalizar a escena do país.

Xesús Cancelas, Xosé Antón Parada e Villaverde, na presentación do libro sobre o actor. | GONZALO NÚÑEZ / Fran G. Sas
A alcaldesa, Leticia Santos, a Agrupación Cultural Nós –promotora da homenaxe e á que pertencía Sito– e a familia do propio actor encargáronse da descoberta dunha placa na entrada da sala. Ao carón dunha imaxe del sobre as táboas, reza o texto “Este auditorio, berce de Teatro do Morcego, fica adicado polo pobo de Moaña á memoria de Celso Parada Fernández, actor e director teatral, en recoñecemento do seu labor humano, social e cultural”.
Precisamente sobre a súa dimensión social e solidaria falaron algúns dos que tomaron a palabra, como Xesús Cancelas e Manuel Méndez a través dun escrito. Lembraron cando Parada “e outros xóvenes entramos no Ateneo de Moaña e tiñamos inquedanzas na procura de liberdades políticas. Cando desapareceu o Ateneo creamos a Agrupación Nós”. Cancelas lembrou que Sito “estaba sempre onde se lle reclamaba. Así encabezou o manifesto pola paz social durante o conflito do catastro, e lía os manifestos durante as protestas pola supresión da peaxe de Rande”. Neste eido Méndez lembrou a participación de Sito na exposición de fotografías sobre as mulleres de Moaña do ano 2014 y nomeou “películas nas que participou e que sempre quedarán na nosa memoria, como “A lingua das bolboretas” ou “O lapis do carpinteiro”. Tamén tivo palabras para a loita incansable de Parada para que Moaña poida ter o auditorio que se merece “e que deberá levar o seu nome”.
As intervencións da familia do ilustre actor puxeron a emoción á xornada de onte. O seu irmán, Xosé Antón, contou con tenrura como se lle ocorreu o apodo de Sito, “porque non quería que lle chamaran Celsito”, e contou graciosas anécdotas sobre a inventiva que o homenaxeado sempre tivo dende cativo. “Meu irmán era a persoa coa que tiña máis confianza e complicidade”, salientou.
Xosé Antón Parada tamén lembrou a primeira vez que Sito se subiu a un escenario. “Eran as veladas de San Martiño e precisaban de nenos para facer varios papeis. Sorprendeunos como Sito amosou un grande dominio da escena. Foi entón cando comprendín que sería o seu futuro. Un futuro que lle permitiu levar o nome de Moaña por todo o mundo”.
A alcaldesa, Leticia Santos, fixo fincapé na importancia para Moaña da figura de Parada e a viúva do actor, Isabel Ávila, tomou a palabra para describir a Celso Parada como un home do pobo, que se recoñece no seu pobo e o seu pobo se recoñece nel”. Aínda que o talento escénico de Sito “traspasou moitos tipos de fronteiras”, Ávila sinala que nunca deixou de ser “Sito do Casal, fillo de Bernarda e de Ventura”. Despois leu un poema do propio actor no que lembraba a súa infancia en Moaña. “Que a miña alma acougue/ por areeiros e xunqueiras/ alá no mar de Moaña/ a terra máis amada da miña nenez”, sinalan uns dos versos do aplaudido poema.
O voceiro da familia, Manuel Pérez Rúa, lembrou os inicios de militancia política de Parada e trazou un novo paralelismo con Castelao, lendo unha pasaxe de “Alba de gloria” e asegurando que Sito debe estar agora na Santa Compaña de inmortais galegos que describe o libro.
A xornada rematou, xa pola tarde, coa proxección da gravación da primeira representación de “Misterio Cómico”, hai xa tres décadas.
“Eu era o irmán maior, pero el era a cabeza pensante”
Xosé Antón Parada fixo que todos os asistentes onte á sala que xa leva o nome do seu irmán, coñecerán máis polo miúdo o carácter, na súa infancia e xuventude, do que despois pasou a ser un dos actores galegos de máis sona. “Eu era o irmán maior, pero só na idade, porque él foi sempre a cabeza pensante”. Dende a Agrupación Nós convidaron a Xosé Antón a deixar por escrito todas esas anécdotas para contribuír a espallar o nome de Celso. O caderno editado por Nós repartiuse onte entre os asistentes y pódese descargar en PDF de xeito gratuito dende a páxina web do Concello de Moaña. Na obra, Xosé Carlos Villaverde percorre grande parte da traxectoria do actor cun arquivo de imaxes moi destacado. Confesou onte, Villaverde, a dificultade de compilar nun caderno “unha carreira con máis de 40 obras de teatro e sobre todo resumir unha documentación tan rica e extensa sobre a súa figura”.
Suscríbete para seguir leyendo
- Chicote rueda su 'batalla' de restaurantes en Cangas
- Movilizado un operativo de búsqueda en la ría de Vigo por una bengala en el mar
- Menduiña frena la instalación de una caseta en las dunas de la playa
- Alertan de que el herbicida usado en la autovía tiene alta toxicidad
- Dos vecinos de Bueu se enfrentan a 4,5 años de prisión y a una multa de 7.000 euros por vender droga
- La concentración motera de Bueu, a superar los 6.000 participantes
- Rescatan a dos jóvenes en una moto náutica a la deriva en la ría de Aldán
- Cangas plantea reservar en playas el aparcamiento solo a residentes