Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A cultura sorrí a Bernardino Graña

O escritor, que vive en Panxón, agradecido co Premio da Cultura Galega

Bernardino Graña, onte na residencia de Panxón. | // FDV

O autor do libro de poemas “Profecía do mar” e novo Premio da Cultura Galega 2021, Bernardino Graña, vive desde fai tres anos na residencia de maiores Stella Maris de Panxón, en Nigrán. Está xunto ó mar, pero lonxe de Cangas, do seu municipio, cuxas novas recibe dos seus amigos da cultura galega e tamén do seu fiel coidador, Luis Cherre, que adoita acudir ó centro Stella Maris para conversar cunha persoa á que está unida máis aló da relación laboral que os unía ao principio.

Bernardino Graña síntese moi feliz co premio que o martes fixo público a Xunta, sinala a directora da residencia. O académico, poeta, narrador e articulista foi recoñecido na modalidade de ‘Letras’. Docente até xubilación, Graña colaborou con numerosas publicacións, faladoiros, prensa escrita, e impulsor do primeiro intento dun centro PEN Galicia con Eduardo Blanco Amor e Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros. Con Graña foron recoñecidos tamén nos Premios da Cultura Galega 2021 Antón Pulido, Zaza Ceballos, Nova Galega de Danza, o programa da CRTVG “Digocho eu”, o mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina.

Onte, Graña recibiu a visita de Luis Cherre e do escritor e crítico literario Xosé María Álvarez Cáccamo. Conversaron con él e aínda que estaba contento co premio, quería coñecer por que en particular llo deran. “Unha obra concreta?” preguntaba o escritor.

Precisamente estos días, os institutos de Cangas acollen a exposición itinerante “Bernardino Graña, o home que quiso vivir”, co obxetivo de achegar a xente nova a vida e obra desta figura, como sinala o autor da mostra, o cineasta Xan Leira. A exposición documental inicia un percorrido polos institutos de Cangas despois de estar aberta en Moaña e no propio municipio de Nigrán, onde vive o escritor.

Bernardino Graña cumpriu o pasado 27 de setembro 89 anos. A enfermidade que padece impídelle facer moitas cousas, coma escribir, pero segue a ser un lector empedernido de xornais e gústalle ler a revista “Muy Interesante” que a leva habitualmente Luis Cherre. Bota de menos escribir, pero tamén o gusto culinario dun bo peixe, dese mar, a que tanto escribiu na súa vida de poeta.

Compartir el artículo

stats