Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

In memoriam // Josu Arzumendi Uriarte

Josu, no centro da imaxe, no Concello en 2016. | /

*)Amigos de Josu Arzumendi

Deporte&educación e/ou deporte&competición

Falecido o pasado 22 outubro 2021, licenciado en Ciencias de Actividade Física e Deporte, Máster en Xestión Deportiva, Director Técnico do Servizo Municipal de Deportes de Sestao (Bizkaia), Josu e familia veraneaban con frecuencia en Cangas, por mor da súa grande amizade con Modesto Augusto e familia, forte relación dende hai xa décadas por ser compañeiros de estudos. Recoñecido xestor e autor de publicacións relacionadas co mundo do deporte, en agosto 2016 participaba na nosa vila nunha mesa redonda das Xornadas “Cangas Olímpica, Río 2016”. A modo de lembranza e recoñecemento do seu labor, reproducimos un resume do mesmo. O seu traballo publicado representa unha reflexión respecto dos patróns utilizados coa iniciación deportiva e a práctica físico-deportiva realizada polos nenos/as, ben no ámbito escolar curricular ou en horas extraescolares (ámbitos de clubs federados), ben no da competición. 1.- O deporte, un monstro cheo de contradicións. Unha análise a través da historia da concepción do deporte na modernidade, dende os séculos XVII e XVIII cos británicos impulsando a práctica deportiva tal como a entendemos hoxe. Deporte-Saúde, Evolución das Olimpiadas, Internacionalidade, valores positivos do deporte, a súa expansión e recoñecemento actual, pero, en contacto co crecemento do noso planeta: intereses políticos, poder, diñeiro,..participando nesta viaxe. Ocio e Negocio. Participación e aportación das distintas administracións públicas, empresas e organismos. Conveniencias e inconvenencias. 2.- Estamos nun momento clave. Dinámicas viciadas, papel na xestión e contribución das administracións, problemas de “ámbitos de poder” en federacións e clubs, con niveis, ás veces non moi correctos, de participación e implicación de familias no desenvolvemento da práctica. 3.- Necesidade de redifinir e volver a conceptualizar o deporte. Hoxe combínanse distintos modelos e obxectivos asociados á súa práctica: Mundo profesional de rendemento; procura de estética; ocio e lecer; relación social; actividade incrusiva; saúde; educación; aventura e relación coa natureza; Iniciación e Competición deportiva. A dialéctica do Deporte como Educación vs Competición ven xa dos últimos tempos do s. XIX nos países anglosaxóns, na creación do Comité Olímpico Internacional (C.O.I.) en 1894, na integración do Deporte na Educación, deporte individual e/ou colectivo,… O deporte non pode existir sen competición, autopersoal, de forma individual ou colectiva. Aspectos físicos, lúdicos e competitivos, son os seus tres piares. A integración do deporte na educación vaise dar no Estado Español do réxime franquista, de forma progresiva na década de 1960, cunha doble dimensión: a impartición da educación por cadros de Falanxe Española e das J.O.N.S., infuenciados polas escolas ximnásticas de Suecia e Alemaña, e, por outra parte, a implicación e actitude do profesorado que fomentaba a súa práctica. A análise da situación actual e forma de actuar por parte dos distintos axentes: centro escolar, educación física e deporte extraescolares, uso das instalacións deportivas do centro, pais e familia, adestradores/as e monitores, clubs e federacións, Administracións,.. É fundamental afondar no labor da educación física, deporte escolar e escolas deportivas. Para remates, facelo coas súas propias palabras: “Quero dicir que é labor de todas as persoas que participamos dunha ou doutra forma no feito deportivo, que nos preocupemos que se valoren e transmitan os aspectos positivos do deporte, denunciando e colaborando na eliminación de outros tantos que por desgraza se achegan ao mesmo”. “Se todos colaboramos, evitaremos que os nenos copien os aspectos negativos dos adultos, a celebración espectacular dun tanto, o desprezo ao compañeiro e contrario, a sobreidentificación dunhas cores vexando os alleos, a utilización de actuacións antideportivas, e incluso da violencia, para acadar o triunfo”. (

Compartir el artículo

stats