francisco ferreira | Membro da Plataforma da Sanidade e activista social en Moaña
“A destrución da pancarta fálame do éxito das reivindicacións sólidas”
O membro da Plataforma da Sanidade foi homenaxeado na concentración ante a Casa do Mar

Paco Ferreira. | // SANTOS ÁLVAREZ / Cristina G.
Nado en Vigo en 1951, cursou bacharelato no Instituto Santa Irene. Aos 18 anos ingresou no corpo administrativo do Banco de España e estivo destinado en Lugo, Vigo e Pontevedra ata a súa xubilación anticipada, mudándose a vivir a Moaña coa súa familia en 2005. Foi delegado sindical e negociador de acordos no banco. Licenciado en Relacións Laborais, cursou hasta terciero de Dereito na Universidade de Vigo. Paco Ferreira desempeñou unha grande labor á fronte da Asociación de veciños de Tirán. Onte na concentración da Plataforma da Sanidade, da que foi portavoz,. recibiu o amoroso aplauso dos presentes.
–Como lembra os seus comenzos coma activista social en Moaña?
–Con gran expectativa ante a vitalidade e compromiso social das asociacións de veciños, incorporándome inmediatamente a Plataforma do Transporte de ría e asociación de veciños de Tirán, e no ámbito político, afiliandome ao BNG.
–Cal foi a principal reivindicación, se pode destacar algunha sobre as demáis?
–Todas me parecen importantes, desde a loita contra o parque eólico de Domaio da que temos agora a boa nova da renuncia da empresa a instalalo, contra a Subestación de Fenosa en Trigás, polos accesos de Tirán ao Corredor, polo uso social da Mosqueira, polo Camiño Real e unha solución urbana ao TCA da 551, polo castro de Montealegre, pola mellora das infraestruturas da parroquia, pola sanidade pública e o centro de saúde...
–Que supón a destrución da pancarta negra da sanidade vinte anos despois?
–Fálame do éxito das reivindicacións veciñais cando son sólidas e se manteñen no tempo e do absoluto fracaso do Sistema,… acaso pódese considerar unha vitoria a espera de 20 anos para que Moaña poida desfrutar dun verdadeiro centro de saúde?
–A peor frase que escoitou nunca a un político?
–As referidas nas noites electorais a que “a xente non nos entende “, en relación coa falta de apoio en forma de votos nas furnas..
–E a mellor?
–Admitir os erros e estar dispostos a rectificar..
–Faise boa política?
–Non. Os políticos coa súa falla de coherencia e responsabilidade social, prostitúen unha actividade tan noble como é a política.
–É incompatible o activismo social coa política?
–No tempo sí. Non se poden compatibilizar sen claro prexuízo dunha delas.
–Cantas veces sentiuse decepcionado?
–Sempre. Nunca os resultados acadan o nivel desexado ou no prazo acaído. As solucións chegan tarde e mal.
–Que supón Tirán para ustede?
–A parroquia de Tirán significou empaparme da calor dos veciños, a identificación con eles e regalarme 15 anos dunha actividade intensa e gratificante.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una vecina de Aldán, mordida por una serpiente en la mejilla
- Movilizado un operativo de búsqueda en la ría de Vigo por una falsa alarma
- Menduiña frena la instalación de una caseta en las dunas de la playa
- La concentración motera de Bueu, a superar los 6.000 participantes
- Cangas plantea señales de prohibido el paso excepto residentes en el tráfico a las playas
- Leti, corredora de fondo; madre al sprint
- Helicóptero sobre la playa de Lagos
- Comuneros de Moaña aprueban la cesión de 6.500 metros para un proyecto de cabañas