Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

A Valeriano Martínez, o eloxio da humildade

Estimado e moi querido amigo: os que te queremos, apreciamos e respectamos enchémonos de impotencia ante esta morte roubada mentres camiñábamos o teu rente nun acto que practicabamos un dia sí e outro tamén. Porque sempre fuche así, unha persoa, un compañeiro un amigo que desprendias sociabilidade, diálogo, comprensión, simpatía, unha persona pausada, pachorrenta e cunha retranca que facia escola. Un paisano modélico, ocupado e preocupado polos seus, os que nunca consentiche que lles faltase de nada. Sempre tiñas as cousas ben claras.

Ninguén che regalou nada porque sempre mirache a vida desde abaixo, cos pes no chan. Lémbrome como en tempos de verán, utilizabas as tuas merecidas vacacións traballando para costearte os teus gastos. Aínda te miro enriba de aquel destartalado andamio, cun sol de xustiza, facendo malabares para tratar de coincidir a brocha gorda coa espida parede. Presaxiabas o derradeiros retazos do que sería o teu merecido éxito na vida.

Ensinácheme a longo da tua vida que a intelixencia non se consigue con cartos, que os cartos non aseguran o éxito e que a humildade, a bandeira que sempre enarbolache, nunca se levara ben coa arrogancia e a propotencia. Es pura sencillez. Pura humildade.

Tamén me lembro daqueles tempos da tua xestión sanitaria. Como bregabas cos sindicatos. Que respeto che tiñan.Sempre dician que eras moi duro de roer, e tan só porque tiñas sempre as cousas moi claras. Respectuoso, dialogante, tolerante, paciente; sempre coas tuas tarxetas de presentación no bolso, acompañado dese amplo sorriso que cubria toda a tua cara.

E si as cousas se torcían tirabas de ironía ou da tua aliada, a sempiterna retranca que tan ben sabias utilizar. Cando a sacabas de paseo, temblaba o misterio. En fín, tan só fai quince dias que apoiados na desteñida baranda do noso paseo, compartimos risas, sorrisos, carcajadas e hasta fixemos algún que outro traxe, facendo de “marujas”. Bon, foisenos un pouco a boca pero o traxe si estaba ben feito. O iso foi o que me dixeche.

Estimado e querido “Tito” por aquí levamos dias noqueados, non sabendo para onde tirar, si o norte ou o sur. De súpeto e sen contalo, bloqueousenos a bruxula, e afundiusenos o faro que sempre nos guiou: a tu luz.

Amigacho, onde queira que estés gustaríame que lle pediras contas, e de iso ti sabes moito, a esa mala bestia que te separou de nós. Aquí abaixo xa está escurecendo o que me permite mirar para o ceo e distinguir unha luz intensa que alumea máis que ninguna. Xa estás onde te mereces, amigo.

(*) Veciño de Aldán (Cangas) na memoria do exconselleiro de Facenda falecido o día 6 de outubro

Compartir el artículo

stats