Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dende O Morrazo para terras de Amandi (75 vendimas)

Euloxio López, nunha campaña á Alcaldía de Cangas. | / M.N.

En plena vendimia, este 29 de setembro Euloxio López Gutiérrez cumpriu 75 anos. Parabéns e moita saúde!

[Chillón evoca a despedida profesional de Euloxio e Marisol. Castelo de Soutomaior, 22 de xuño de 2007].

Romance dos Condes de Amandi. Castelo de Soutomaior

Vestimenta medieval

Señorío de Mourentán / De Guntín, marquesado

Alta liñaxe de San Roque/ De Montecarrasco, condado.

Augas das Ribeiras do Sil/ xúntanse coas ondas da Ría,

mestura doce e salgada / sinais de nobreza e valentía

As Señoras da Cadeira e Darbo / celebran festa o mesmo día

Acuden freguesías e feirantes / O 8 de setembro en Romaría

Damas e Cabaleiros de Lemos / de Meixón Frío e Campolameiro,

De Monterrei, Casa dos Ulloa / de Burela e Darabelo

Do Camiño Vello, de Balea / de Serra Nacente e do Outeiro

Da do Medio e Areamilla / do Cunchido e de Piñeiro

Xentes de toda clase e condición / chegadas dos recunchos de Galiza

Baixa Nobreza, Campesiñado / en nova Revolta Irmandiña

Amantes do bo vivir e beber / Namorados do suculento yantar

Aprezados por ler e saber / Doctos en cantar e danzar

Oficia a mocidade de Cangas / trovar con segreis e soldadeiras

Danzas de Forcarei e de Darbo / beilando xotas e muiñeiras

Amigas, amigos, compañeiros / A todas e todos saúdo de benvida

A este recoñecemento profisional / En grande festa merecida

Chegan apertas e mensaxes / a este acto de confraternidade

Xentes que non poden estar aquí / mais sí os seus corazón e amizade

Que viva la palma / Que viva la flor!

Que viva Pedro Madruga / Conde de Soutomaior!

Estando o Conde de Camiña / por Castela en montería

Ballesteiro ben disposto / De faisáns a cacería

Chegadas lle son as novas / do seu feudo de Galiza

Hai que acudir canto antes a unha sinalada despedida

Ordena ao palafraneiro / Que dispoñan a partida

Cabalgan toda a noite / Non hai mostra de fatiga

Non teman vuessas mercedes / Chegaremos moi axiña

Os cabalos son veloces / só quedan unhas cantas millas

Xa está moi perto o castelo / onde faremos dormida

Con fartura yantaremos / Beberemos un sabroso mencía

Na grande torre de homenaxe / reúnese clase experta e sabia

A proposta que está a estudo / é de moi grande relevancia

Este magno Consello de Sabios / Toda xente ben sabida

Adiviños, nigromantes / Van acordar esta medida

Por ser exemplos de traballo e entrega / De compañeirismo e amizade

San Roque e Montecarrasco / máis de trinta anos de profesionalidade

Polo labor docente desenvolvido / pola súa múltiple inquedanza

Concédesen os prezados títulos / De Mestra e Mestre desta praza

Entrega de pergámeo e coroación

Saiban todos cantos isto ouvíren / estando a venres, sexta feira,

a vintedous días do mes andado / vísporas da noite sanxoaneira

De dous mil e sete anos / do nacemento do nosso Señor

Ut Asinamos a esta presente / no solemne castelo de Soutomaior

Pola súas artes e sapientias / Polas súas grandezas e honor

Nomeamos Condes de Amandi / aos mestres Euloxio e Marisol.

So pena das vossas mercedes / quen contraviñere do que dicides

estará baixo a ira de Deus / e multa de mil maravedíes.

Asemade dunha vez poñamos / o noso selo de cera pendente

Vaiamos rematando o romance / para non aburrir mais á xente

Nas rúas de Santiago e Lugo / Nas ribeiras do Sil e da nosa Ría

En Darbo, en todo o Morrazo / A Santa Irmandade erguida

Levantemos todos as copas / Brindemos con rico mencía

Cantemos moi forte e alto / Todas e todos esta consigna:

Que viva la palma / Que viva la flor!

Vivan os Condes de Amandi / Vivan Euloxio e Marisol!

*Exconcelleiro do BNG no Concello de Cangas

Compartir el artículo

stats